O galego, en perigo

O 66,9% dos nenos galegos emprega o castelán de xeito habitual, mentres que o galego tan só é utilizado polo 33,1% dos rapaces escolarizados...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/04/2007 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

Este documento destaca a "desproporción" no uso das linguas na aprendizaxe da lectura e da escritura "claramente favorable ao castelán". Así, alertase de que a situación "deficitaria" na que se atopa a lingua galega na educación infantil e primaria, en especial no primeiro ciclo, pode representar en "moitos casos" unha desgaleguización no tránsito da familia á escola e, indirectamente, "unha incentivación da non transmisión interxeracional deste idioma".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

19 estevo das estrivadas

A isos que tento falades da liberdade de idioma: PARA CANDO RECLAMAREDES QUE SUPRIMAN ESE ARTIGO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA QUE DI DO "DEBER" DE COÑECER O CASTELÁN????

Por mor diso, os meus fillos aprenden ESPAÑOL e non as dúas linguas que tanto a miña dona coma min queremos que dominen á perfeción, é dicer, GALEGO ou Galego-Portugués e o INGLÉS.

18 Alberte

Sr. "lagaitaenlacabeza", afirma vostede que:
"Eso sí, si hacemos lo que propugnan algunos, el “separarnos de España”, tendremos suerte si alcanzamos el nivel de desarrollo de Albania."

Debería vostede ter en conta o exemplo irlandés. Irlanda foi, como todo o mundo sabe, unha colonia inglesa, sometida ó poder de Londres. Baixo o dominio inglés, foi asolada pola fame, e a sua poboación condenada a emigrar.

Sen embargo, o pobo irlandés mantivo as suas aspiracions nacionais, que remataron ca proclamación da sua independencia dos ingleses, non sen antes moitos anos de loita: "os ingleses non marcharon de ningún rincón do seu imperio sen loita".

A independencia non foi completa, pois os ingleses retiveron seis dos nove condados do Ulster. Non quixeron os nove porque a poboación pro-irlandesa houbera superado á pro-inglesa, dando lugar a un conflicto que se rematou mediante o diálogo (excarcelación de presos, acceso do Sinn Fein ó poder, etc.), nada que ver co que propugna o PP para remata-lo conflicto basco.

Ata os anos oitenta, a situación irlandesa foi obviamente mellor que baixo o dominio inglés, pero a hemorragia demográfica e certa pobreza persistían.

Unha serie de medidas e iniciativas, que serían material para espallarnos durante horas, empezaron a estimular o crecemento. Pode atopar máis información, por exemplo, en:

http://www.euroresidentes.com/inter...

http://www.revistasice.com/Estudios...


Cal foi o resultado? Hoxe en día a renta per capita dos irlandeses é máis de 29.000 euros, mentras que a dos ingleses é de 25.000 euros.

Tan mal resultado lle deu a Irlanda a independencia? Acaso vailles moi ben en Escocia, Gales e Cornualles?

A conclusión que eu obteño é que rachar coa dependencia interesa. A Galiza, dado o seu potencial humano, os seus recursos naturais, e as suas posibilidades, iríalle moito mellor dependendo directamente de Bruselas que tendo un intermediario en Madrid.

17 Alberte

O idioma que se impón a nivel internacional é, sen dúbida ningunha, o inglés. O mito da extensión do español en Norteamérica non deixa de ser un mito, xa que alí todo o que pode aprende inglés, e esquecen o español o máis rápido que poden.

Recoméndolles:

http://www.anosaterra.com/documento...

Ainda que en liñas xerais o nivel de inglés na Galiza non é bó, en España é ainda peor. Cal é o motivo? Por unha parte a pobreza fonética do castelán. O exemplo oposto sería o portugués, no que a sua riqueza fonética da lugar a que os seus falantes sexan moi bós aprendendo idiomas. Só un exemplo, as películas en lingua inglesa non se doblan, só se subtitulan.

Por outra parte, unha persoa que aprende dous idiomas dende neno ten maior facilidade para aprender novos idiomas.

Por elo, hai que potencia-lo galego, para permitir un maior desarrollo intectual das novas xeneracións, e que se podan expresar en tres idiomas.

Iñorar o galego dará lugar a unha xeneración que fale fale castelán (ou castrapo) e un inglés moi pobre e cun acento marcadísimo.

E, sen entrar no debate das similitudes de galego e portugués, non esquezamos que o coñecemento do galego abre as portas a unha comunidade lingüistica de máis de 200 millóns de persoas en catro continentes: Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea Bissau, Timor Leste, Macao, zonas da India (o nome Bombay ven de Bom Baia), etc.

16 lagaitaenlacabeza

Blanco y en botella ayer Vargas Llosa en el País: "Las identidades colectivas suprimen mediante una reducción arbitraria aquellas matizaciones y ven en los seres humanos no criaturas soberanas, con derechos y deberes inherentes a su individualidad, sino productos seriales, idénticos entre sí, privilegiando una sola de sus características —por ejemplo, ser negro, musulmán, cristiano, blanco, budista, vasco, judío, etcétera— y aboliendo todas las demás. Ese descuartizamiento de la humanidad en bloques rígidamente diferenciados es peligroso, porque alienta el fanatismo de quienes se consideran superiores —el pueblo elegido, la raza pura, la verdadera religión, la clase redentora, la nación ejemplar— y los autoriza a ejercer la violencia sobre los otros"
Desde cuando el hablar gallego te da el carnet de "galleguidad". Con ese lenguaje que utilizan algunos, lo único que se consigue es retrotraernos a las epocas del peor fascismo. Esa agresividad, ese desprecio al otro, al discrepante, tanto "de aquí" como "de alá" como dice alguien. Eso sí, si hacemos lo que propugnan algunos, el "separarnos de España", tendremos suerte si alcanzamos el nivel de desarrollo de Albania. Y en cuanto a lo de la globalización, ya es de coña el discurso que se oye por ahí.

15 Kiko das Leiras

Boas,

A verdade é que non entendo como por aquí pululan tantos galegos partidarios de empregar o castelán... Qué clase de galegos sodes???

Vouvolo dicir sodes eses galegos do PP de merda que proclamades as libertades mais soamente as vosas.

Viva a liberdade de falar espanhol!! Pero como queiras falar en galego es un nazi??

Penso que non paga a pena perde-lo meu tempo nestes comentarios mais soamente dicir unha cousa clarinha:

IDE TOMAR POLO CU!!!!

Adiante o galego! Adiante Galiza!