Morre un home ao caer dun desnivel cando recollía mel na Pobra de Trives

Ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios, que non puideron facer nada para salvarlle a vida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

Un home duns 80 anos de idade faleceu na tarde deste mércores ao caer dun desnivel duns dous metros cando recollía mel nunha zona de viñas da Pobra de Trives.Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo, o suceso tivo lugar nunha leira situada na OU-633, na zona do Dominio del Bibei.

Tras recibir o aviso, ata o lugar desprazáronse os profesionais sanitarios, que mobilizaron a un helicóptero. A pesar dos esforzos, o home faleceu no punto. Ademais, tamén acudiron ao momento os axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da Pobra de Trives.

Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061
Helicóptero de urxencias sanitarias do SERGAS do 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta