Poden sobrevivir as explotacións gandeiras ao carón dun parque eólico?

A comarca de Ordes acolle unha mesa redonda para estudar a posible convivencia dos muíños de vento coa gandaría e os negocios do rural en conxunto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A loita veciñal contra o actual modelo de implantación de eólicos segue adiante. Desta vez, as derradeiras mobilizacións parten do municipio coruñés de Ordes, que o vindeiro sábado 4 acollerá unha mesa redonda sobre a “posible convivencia e efectos de parques eólicos coa vida e os negocios no rural”. 

Vacas pastando nun campo galego. XUNTA
Vacas pastando nun campo galego. XUNTA

O encontro, convocado pola plataforma Salvemos a Comarca de Ordes, contará coa presenza dos secretarios xerais do Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias, así como co presidente da Casa Grande de Xanceda, situada na contorna. O obxectivo é que estas voces autorizadas reflexionen sobre a actual situación do auxe dos parques eólicos e a compatibilidade coas terras agrarias e as explotacións gandeiras. 

A convocatoria desta mesa chega nun momento particularmente delicado para a comarca ordense. De acordo coa asociación, neste momento hai 16 proxectos de parques eólicos previstos para a zona, á parte 11 subestacións eléctricas novas e numerosas liñas eléctricas de alta tensión. “A situación galega non é moi diferente a da comarca”, subliñan, con todo, en relación aos “varios centos de parques eólicos” que neste momento se atopan en tramitación. 

A mesa estará moderada por Isolina Raña, gandeira e vicepresidenta da Federación de Ganaderas Españolas “Somos Tierra”. A asociación chama á participación da cidadanía e destaca que no evento contarase tamén alegacións dispoñibles para asinar en relación aos parques eólicos que están actualmente en exposición na zona de Ordes: o parque eólico de Meirama e o parque eólico das Encrobas.”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta