Feijóo tacha de "falta de respecto absoluta" o "silencio" do Goberno ante o baleirado de encoros en Miño-Sil

"É un disparate climático, ecolóxico e veremos cales son as consecuencias", recalca o presidente.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 02/09/2021 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Albero Núñez Feijóo, tachou de "falta de respecto absoluta" o "silencio" do Goberno central ante a petición de explicacións do executivo que preside ante o baleirado dos encoros da conca Miño-Sil, de competencia estatal. A preguntas dos medios durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta celebrado este xoves, o mandatario autonómico incidiu en que Galicia solicitou as competencias sobre a conca Miño-Se pero "lamentablemente" foron "denegadas polos gobernos centrais de quenda".

Por tanto, volveu a cargar contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de dependencia estatal, por permitir ás empresas concensionarias facer diminuír o nivel dos encoros, nalgúns casos, por baixo do 25% da súa capacidade. Feijóo puxo o acento en que a Xunta "leva semanas pedindo explicacións" pero que só recibiu "silencio" por parte do Goberno. "E por encima a Confederación Hidrográfica di que actuou conforme á lei. É unha falta de respecto á poboación galega e ao patrimonio ambiental", apostilou.

Así, o presidente asegurou que a Xunta "non foi informada" por parte da CH Miño-Sil de que "aceptaba" os baleirados dos encoros, algo que as empresas responsables "non comunicaron" á Administración galega "por non ser a autoridade competente".

"É un disparate climático e ecolóxico; e veremos cales son as consecuencias", aseverou Feijóo, que advertiu da posibilidade de que se produzan problemas coas bacterias en "determinados tramos" de ríos como efecto da baixada de nivel dos encoros.

Por último, contrapuxo a situación dos encoros da conca Galicia Costa, de competencia autonómica e que están ao 66%, cos da Miño-Sil, que se sitúan por baixo da metade da súa capacidade.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta