A actriz ferrolá Luma Gómez, premio de honra da Fundación Aisge do Festival de Cinema Internacional de Ourense

A Fundación destaca que a concesión deste galardón significa recoñecer a "valía" dunha actriz que representa "a máis pura nobreza do teatro galego".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/09/2021 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A actriz Luma Gómez recibirá o Premio de Honra da Fundación Aisge durante a celebración da 26ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro.

A veterana intérprete participou en máis de 50 montaxes teatrais ademais de en varias series televisivas, películas e curtas ao longo da súa carreira. Algúns dos títulos que protagonizou foron: 'O bosque animado' (1997), de José Luís Cuerda; 'Urxa', de Carlos Piñeiro e Alfredo Pinal (1989); así como 'A paixón de María Soliña' (2011), de Emilio J. Fernández e Alfonso Castaño.

"Este recoñecemento significa moito para min por un traballo que amo e que move a miña vida", afirma a actriz ferrolá. Por iso, dá as grazas á organización da Fundación Carlos Velo deste festival, con apoio da Deputación de Ourense, "por este premio tan importante como inesperado".

Pola súa banda, a delegada da Fundación Aisge explica que a concesión deste premio a Luma Gómez supón recoñecer a "valía" dunha actriz que representa "a máis pura nobreza do teatro galego" e é "unha dama da escena".

Luma Gómez. XULIO GIL
Luma Gómez. XULIO GIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta