Falecen tres persoas diagnosticadas con COVID

As tres son mulleres que padecían patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou tres novos falecidos con coronavirus nas últimas horas en Galicia. En total, as vítimas ascenden a 2.598 desde o comezo da pandemia.

As tres persoas son mulleres que contaba con patoloxías previas e a súa defunción produciuse o pasado mércores, segundo a información facilitada pola Xunta.

Dúas destas mulleres faleceron no Complexo Hospitalario Universitario (Chuac), de 57 e 81 anos. Mentres, a terceira vítima, de 82 anos, feneceu no HULA de Lugo.

Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press
Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta