'Feminíssimas' unha reprodución escénica dos debates internos do feminismo actual

A obra está dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Noelia Blanco, Esther F. Carrodeguas e Stephy Llaryora. Na súa segunda tempada en escena, comeza a xira outono-inverno en Verín este sábado 18 de setembro.

Por X.M. Fernández | Verín | 17/09/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O vindeiro sábado 18 de setembro, ás 20:30 horas, a compañía De Ste Xeito Producións actuará no Auditorio do Concello de Verín coa súa peza teatral "Feminíssimas", unha fantástica comedia coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

Feminíssimas
Feminíssimas | Fonte: De Ste Xeito Producións

Feminíssimas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Noelia Blanco, Esther  F. Carrodeguas e Stephy  Llaryora, é unha creación colectiva que non deixa indiferente. Ademais conta co traballo de iluminación de Javier Quintana e a colaboración de José Faro “Coti” e Beatriz de Vega González.

As entradas xa están dispiñibles a través de ataquilla.com por 5 euros.

FEMINÍSSIMAS

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que  non ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Esta é a premisa ou punto de partida da creación colectiva na que traballan as actrices Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e o director Xavier Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres se analiza --desde a comedia-- de que maneira as mulleres están a convivir no universo feminista actual. "Unha maneira --tamén-- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria", din.

Un espazo --ademais-- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo, e como din dende a produtora: unha comedia negra… moi violeta.

No xornal dixital asociado Xornal de Lemos podeder ler unha entrevista completa a unha das actrices e produtora de Feminíssimas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta