Volve o colapso ás urxencias do CHUS: denuncian esperas de máis de 24 horas por unha cama

A asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS insta á xerencia a atender a recomendación da Valedora do Pobo de novembro de 2020: adoptar as medidas necesarias para que esta situación non se volva producir.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/09/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Despois de que durante os últimos meses non se notificaran incidentes no servizo de urxencias do CHUS, a día 14 de setembro, pacientes ingresados no servizo puxéronse en contacto coa  Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS para denunciar que levaban máis de 24 horas agardando para ocupar unha cama en planta.

Pacientes nos corredores das Urxencias do CHUS.- Arquivo
Pacientes nos corredores das Urxencias do CHUS.- Arquivo

Así, segundo comunican dende a asociación, aconteceu coa paciente M.C.L.C., que o pasado día 13 de setembro foi atendida no servizo por un traumatismo no xeonllo e que, desde ese día no que foi asinado o ingreso en planta, estivo a agardar ata o día 15 ás 14:50 horas. Nese momento, explican, a paciente foi trasladada a unha cama do Hospital de Conxo. Isto é: permaneceu nunha padiola dun cubículo de urxencias máis de 30 horas, soportando "a carencia das atencións e os servizos básicos dunha cama hospitalaria para unha paciente diagnosticada ou que precisa probas complementarias". Tal e como lle trasladaron á propia paciente a supervisora e o coordinador do servizo, a razón da demora sería a falta de camas ao ocupar medicina interna camas de traumatoloxía.

Dende a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncian o incumprimento da xerencia e do seu equipo directivo ao non facer efectivas as "recomendacións e protocolos ditados pola administración sanitaria para os servizos de urxencias". Deste xeito, lembran que dacordo ao informe do 2010 (actualmente vixente) do Ministerio de Sanidade e Política Social sobre estándares e recomendacións para as unidades de urxencias hospitalarias: “o paciente

pendente de ingreso hospitalario non debería permanecer nesta unidade máis de 12 horas".

Así as cousas, a asociación chama a atención sobre que o caso da paciente M.C.L.C. non é o único exemplo de incumprimento das responsabilidades da xerencia. O día 15, ás tres e media do mediodía, 27 pacientes permanecían nos cubículos con orde de ingreso asinada, agardando para ocupar unha cama en planta, algún deles desde o día 14, ás 9 da

mañá. Mentres, afirman, o servizo estaba totalmente cheo pola carencia de camas hospitalarias operativas e 6 pacientes clasificados graves "colocados novamente no corredor de acceso á espera de ser atendidos, padecendo unha vulneración do dereito á intimidade e á dignidade persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta