A colisión dun autobús e un turismo sáldase con dúas persoas feridas en Vilagarcía de Arousa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A colisión dun autobús e un coche levou a trasladar na mañá deste luns a dúas persoas feridas, un pasaxeiro do autocar e o condutor do turismo, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 8,30 horas deste luns un particular púxose en contacto co servizo de emerxencias para informar dunha colisión entre un bus con pasaxeiros e un turismo na Avenida de Rosalía, na parroquia arousá de Carril.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia avisaron aos servizos sanitarios, á Policía Local, aos Bombeiros de Vilagarcía e ao Servizo Municipal de Emerxencias. Xa no lugar, a Policía Local sinalou que no autobús ían uns14 pasaxeiros e confirmou que un deles estaba ferido, indicaron as mesmas fontes.

Ademais, os servizos sanitarios tamén trasladaron ao condutor do outro vehículo implicado no sinistro ao Hospital do Salnés.

Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta