Os nervios de Caballero

Está nervioso o candidato do PSOE en Vigo, Abel Caballero. As enquisas internas e externas non lle aseguran que sexa o próximo alcalde de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/04/2007 | Actualizada ás 22:47

Comparte esta noticia

As enquisas que publicaron xa algúns medios e que xa teñen nas súas máns outros tamén dan un panorama parecido, coa salvedade de que, nalgúns deles a candidata popular chega aos 14 concelleiros, é dicir, á maioría absoluta.

Os colaboradores do líder socialista vigués non dan coa fórmula que permita facelo despegar, convencidos de que os xornais e a publicidade non o poden facer todo. Caballero non cualla na sociedade viguesa e un exemplo disto é que tampouco ten ningún 'feeling' cos xornalistas que cubren as súas informacións.

A dirección socialista prepara un "desembarco" de líderes políticos do PSOE en Vigo, incluidos ministros e o propio presidente Zapatero, que viaxará a Vigo ata en duas ocasións no vindeiro mes. Pretenden contrarestrar, deste xeito, o pouco tirón de Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 estevo das estrivadas

Que mais dá Caballero que Corina, eche a mesma historia. O PsoE en vez de poñer a alguén como Barros, pon a outro Venturita...