Temas: CEG MINARíA

A Confederación de Empresarios quere promover a minaría en Galicia

Considera que se "debe aspirar a pór en valor os recursos mineiros, promovendo o seu aproveitamento e a xeración de valor engadido".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/09/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, cre que o país "debe aspirar a pór en valor os seus recursos mineiros, promovendo o seu aproveitamento e a xeración de valor engadido".

Intervención do presidente da CEG nunhas xornadas sobre minaría.
Intervención do presidente da CEG nunhas xornadas sobre minaría. | Fonte: CEG.

Así o sinalou durante a súa intervención este luns nas xornadas 'Minerais estratéxicos para a industria galega', organizadas pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e Minaría Sustentable de Galicia coa colaboración da Xunta. A iniciativa contou coa participación do 'iTarg3t' e o 'EIT RawMaterials' da Unión Europea.

Entre outras cuestións, Vieites referiuse aos "incentivos económicos para os titulares de dereitos mineiros e medidas especiais para determinadas zonas ou concellos vinculados" á minaría.

Neste sentido, destacou que "a dispoñibilidade de materias primas con carácter estable e a prezos competitivos condicionarán a transformación industrial da Unión Europea e en especial a consecución da neutralidade climática".

Temas: CEG MINARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta