Vendex retirou varias multas da Ora a petición do ex alcalde de Ourense

Entre elas estaba a da súa propia filla. O sumario da Pokemon tamén recolle como este grupo lle regalou un reloxio Rolex a Francisco Rodríguez.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 01/02/2014 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O sumario da Operación Pokemon recolle numerosas conversas telefónicas entre dirixentes políticos e responsables do grupo Vendex. E en moitos dos folios deste sumario aparece como protagonista o ex acalde de Ourense, Francisco Rodríguez, que chegou a ser detido pola relación con este caso.

Francisco Rodríguez, ex alcalde de Ourense, e Manuel Vázquez, ex líder do PSdeG
Francisco Rodríguez, ex alcalde de Ourense, e Manuel Vázquez, ex líder do PSdeG

Segundo as conversas realizadas por Vixilancia Aduaneira, "todo parece indicar" que Adrián C. -- responsable deste grupo en Ourense-- realiza varias "xestións" encamiñadas á retirada de multas da ORA ou taxas municipais da recollida de vehículos de políticos e empresarios locais de Ourense, entre eles, o propio alcalde.

"Oye, mira! que le llevaron el coche a mi hija", dille Francisco Rodríguez a Adrian C. nunha conversa intervida o 24 de agosto de 2012. "Que suba cuando quiera a por el, ¿qué matrícula es?, ¿qué coche es?", respondelle Adrian C. "Es un Nissan 3390 no se qué", aclara Rodríguez. "Pues que suba a por el cuando quiera", respostalle o outro. Precisamente, nesta conversa o ex rexedor de Ourense xa apunta que "moveu algo" en relación ao contrato dos servizos de limpeza.

Refírese ao acordo do concello do 23 de marzo de 2012 no que se comunica que a xunta de goberno adoptou o acordo de estimar o recurso de reposición interposto pola empresa Procedemento de Aseo Urbano (Grupo Vendex) e a Asociación Profesional de Empresas de Limpieza (Aspel) contra a aprobación do expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de limpeza do concello.

De feito, Vixilancia Aduaneira dispón de conversas nas que o ex rexedor conversa cos delegados de Vendes para tentar conseguirlles condicións "ventaxosas" para este concurso, aínda que Adrián C., noutra conversa, recoñece que "algo se moveu pero non todo o desexable". 

Regalo dun Rolex

No sumario tamén se recolle como Vendex comprou un reloxo Rolex para "regalarlle" a Francisco Rodríguez. "Ya está la factura, que son seis mil y pico", aparece nas conversas que Vixilancia Aduaneira lle gravou a unha muller, tamén implicada na trama, que tivo con Adrian C. "Que quede allí el reloj del alcalde, que hay que ir a recogerlo", contestaba este nunha conversa do 2 de xaneiro de 2012 para logo irllo a levar a casa do ex rexedor.

Con todo, os funcionarios policias non foron quen de saber se este reloxo, finalmente, foi a parar ás mans do ex alcalde a pesares de realizar vixilancia nos arredores do seu domicilio. 

Liñares e Orozco

O sumario da Pokemon tamén alude á "excelente relación existente" entre o delegado rexional do Grupo Vendex, José María Tutor, e o alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, e suliña que o ex concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares sería un dos destinatarios dos pagos de Vendex o que, segundo Vixilancia Aduaneira, "podería poñer de manifesto unha presunta actividade ilegal".

Tamén apunta que Orozco tería realizado xestións para a contratación dunha muller, pero Vixilancia Aduaneira non pode constatar que esa contratación se realizara finalmente. Nas súas investigacións, suliña que Liñares era o suposto receptor de diñeiro do grupo. Nas conversas intervidas identificase a Orozco como "cura" ou "sacerdote" e a Liñares como "Tachenko".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario