A exedil do BNG que impediu a moción de censura en Fene di que descoñecía que a súa decisión era ilegal

A secretaria do concello di que dvertira de que se cumprían todos os requisitos legais para levar a cabo a moción.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/09/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A exconcelleira do BNG acusada de prevaricación por suspender o pleno de Fene en 2017 e impedir unha moción de censura declarouse inocente e alegou que descoñecía que a súa decisión era ilegal, durante o xuízo celebrado este martes na Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron en outubro dese ano cando a exedil, que conformaba a mesa de idade do concello xunto a unha concelleira do PP, suspendeu o pleno no que se ía a debater a moción de censura da formación popular e Somos Fene contra o goberno local do BNG e Esquerda Unida, encabezado por Juventino Trigo.

Na súa declaración, a acusada achacou a súa confusión a unha medida cautelar contra dous concelleiros que abandonaran o BNG e tiñan condición de non adscritos. Segundo explicou descoñecía que o resto de medidas xudiciais permitían celebrar o pleno ao non ter "coñecemento en dereito". A exedil xustificou que a súa decisión foi tomada "polaas circunstancias" e engadiu que ninguén a advertiu naquel momento de que a súa decisión "non era legal".

ADVERTIDA

A secretaria do concello afirmou, á súa vez, que advertira de que se cumprían todos os requisitos legais para levar a cabo a moción. No momento no que a exconcelleira tomou esa decisión, explicou que non puido avisar da ilegalidade porque segundo declarou, "non se me deu a palabra".

No seu escrito de cualificación, a Fiscalía pide para a exconcelleira dez anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, así como para o dereito de sufraxio pasivo por un delito de prevaricación.

O nacionalista Juventino Trigo cando foi investido alcalde de Fene
O nacionalista Juventino Trigo cando foi investido alcalde de Fene | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta