Gañadores dos premios EGANET 2014

Por Galicia Confidencial | | 03/02/2014 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Eganet, a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, entregou o pasado venres 31 de xaneiro de 2014 os seus galardóns anuais nun acto celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo á que asistiron unhas 500 persoas, e na que puidemos ver algúns dos mellores proxectos TIC que nos deixou o ano 2013. 

Gañadores dos premios EGANET 2014
Gañadores dos premios EGANET 2014

Tras semanas de expectación, coñecimos por fin os proxectos que levaron os galardóns nas cinco categorías a concurso.

O Premio ao Mellor Proxecto Colaborativo TIC foi para o Portal das Palabras, un proxecto froito da colaboración entre a Real Academia Galega (RAG), a Fundación Barrié, CG Produccións e imaxin|software.

A empresa viguesa Creappcuentos, cunha aplicación para crear contos personalizados dende Tablets, gañou na categoría de Mellor Proxecto Emprendedor TIC. 

SmartNauTIC, un navegador nautico en realidade aumentada que pon en valor os recursos turísticos, medioambientais e culturais do litoral, presentado pola empresa Human Soft foi o gañador do Premio á Mellor Aplicación Software.

O portal Web do Castelo da Rocha Forte, www.rochaforte.info, presentado polo Concello de Santiago de Compostela para dar a coñecer e divulgar a historia, os acontecementos, espazos, personaxes e obxetos desta fortaleza, fundamental para enteder a historia de Santiago de Compostela e de Galicia foi o gañador do Premio ao mellor proxecto de Comunicación Dixital.

Un Puntazo de Disashop levou o galardón na categoría de Mellor Negocio Online pola súa plataforma de fidelización e comercio electrónico dirixida aos seus 7 millóns de clientes que cada ano recargan o saldo do seu móbil en calquera dos 15.000 establecementos que Disashop ten en España.

Durante a súa intervención na Gala, Víctor López, presidente de Eganet, destacou a calidade dos proxectos presentados e a importancia dos emprendedores TIC e das pequenas e medianas empresas galegas do sector. Este ano o seu discurso centrouse nunha mensaxe optimista na que resaltou que as claves do éxito está nas propias empresas TIC galegas, na calidade dos seus produtos e solucións e que só elas son donas do seu futuro, aínda que lle fixo ver a importancia dunha boa comunicación orienta ao cliente e as ventaxas que os seus produtos e solucións TIC lles poden ofrecer ao mercado. 

Premio Especial ao programa Banda Ancha da Radio Galega no seu quinto aniversario.

Durante a Gala, presentada por Eloy Gesto de Escuela Inventa e Marisol Vázquez do Grupo Affines, entregouse tamén o Premio Especial Eganet ao programa Banda Ancha da Radio Galega, que baixo a dirección de Xosé María Fernández Pazos 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta