Temas: MúSICA

Adeus e grazas Berrogüeto

Berrogüetto anuncia a súa disolución tras 18 anos de carreira ininterrumpida. "Facémolo cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados", din os integrantes do grupo que anuncian unha "pequena xira" por Galicia a xeito de despedida.

Por GC Tendencias | Compostela | 04/02/2014 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Logo de 5 discos e un libro-disco editados e un bo feixe de inesquecibles concertos, Berrogüeto anunciou este martes que pon fin a súa carreira como grupo, "conscientes e orgullosos do compromiso mantido sempre coa música e a cultura do país", aseguran.

Concerto de Berrogüeto na Praza da Quintana de Compostela
Concerto de Berrogüeto na Praza da Quintana de Compostela | Fonte: Berrogüeto

Nun comunicado publicado na súa web, este mítico grupo galego asegura que, durante todos estes anos, sempre se guiaron "únicamente polo seu afán creativo e o seu propio e inconformista universo musical".

"Non podemos nin queremos deixar de agradecer o apoio recibido por parte da crítica e, de xeito especial, das nosas familias e do noso público. Todos eles fixéronnos sentir o seu alento e apoio ao longo de todos estes anos de andaina musical, nos bos e nos malos momentos", engaden.

En todo caso, a súa despedida será ao grande cunha, anuncia, "pequena xira" de despedida por algunhas das vilas máis importantes de Galicia. 

Concerto de Berrogüeto
Concerto de Berrogüeto | Fonte: Berrogüeto
Concerto de Berrogüeto
Concerto de Berrogüeto | Fonte: Berrogüeto
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta