Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2021 | Actualizada ás 13:00
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que é unha "boa noticia" a detención deste xoves a Carles Puigdemont en Italia e esperou que as autoridades xudiciais italianas "respecten" á xustiza española e, por tanto, o político independentista sexa enviado a España. "Ningún cidadán, por moita relevancia política que poida ter, pode saltarse a xustiza e ter privilexios", avisou.
"Creo que deter a un prófugo é o normal. Deter a unha persoa que está declarada prófuga por un tribunal como o Supremo, é o normal", incidiu, en declaracións aos medios este venres en Santiago, o mandatario autonómico.
A continuación, esgrimiu que o que é "excepcional" é que "poida haber un prófugo, (declarado) por un país democrático da Unión Europea, que poida estar a predicar contra as institucións democráticas españolas, contra a xustiza española e, ademais, o poida facer con soldo, coche e secretaria".
Feijóo cualificou de "moi sorprende" que se poida dar esta situación en relación a "un país democrático" e a "a Unión Europea". "Por tanto, espero que as autoridades xudiciais italianas actúen en consecuencia e que respecten a independencia da xustiza en España e as competencias propias dun estado membro como é España", esgrimiu.
Para o presidente autonómico, "ningún cidadán, por moita relevancia política que poida ter, pode saltarse a xustiza e ter privilexios" fronte a cidadáns que non teñan "esa relevancia política".
Así pois, Feijóo concluíu que a detención de político independentista trátase dunha "boa noticia". "E espero e desexo que todos os cidadáns que viven en España sexan iguais ante a lei", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.