Documento.- A videoconferencia de Touriño con Óscar Pereiro

A Xunta destaca que o equipo informativo de Deportes da TVG foi o que decidiu incluir unha videoconferencia do presidente Emilio Pérez Touriño co ciclista Óscar Pereiro, tras acadar éste o segundo posto no Tour 2006...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 24/04/2007 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

"Non hai ninguén específicamente encargado de decidir que entrevistas se realizan na TVG. Nesa decisión participan desde os responsables de cada área, informativos, deportes, programas, etc., ata os xornalistas que preparan as entrevistas.

Non existe ningún protocolo establecido para realizar entrevistas. O único criterio é o da actualidade e interese informativo. A decisión de entrevistar a Oscar Pereiro adoptárona os responsables de elaborar as informacións sobre o Tour de Francia. Dentro desa entrevista e, despois de consultar co ciclista, considerouse interesante que o presidente da Xunta o felicitase no nome de todos os galegos, posto que Pereiro é o primeiro galego que sobe ó podio da carreira ciclista máis importante do mundo.

En canto os nomes que pide o señor deputado, a continuación especifícolle o organigrama da Dirección de Informativos e Deportes de TVG, así como da Dirección de Produción de TVG.

Dirección de Informativos e Deportes de TVG

Director: Roberto Cid

Subdirección de Informtivos e Deportes

Subdirectora: Edelmira Rodríguez Carracedo

Servizo de Redacción de Informativos

Xefes de Redacción: Xosé A. García Ferreiro

Elvira Álvarez Gayo

Servizo de Deportes

Xefe de Servizo: Juan Manuel García Bouzas

Dirección de Produción de TVG

Director: José Rey-Cabarcos Vázquez

Servizo de Novas Canles e Retransmisións

Xefa do Servizo: Victoria E. Nogueira Valladares

Servizo de Explotación

Xefe do Servizo: Javier Valderrama Curras

Servizo de Produción de Informativos e Deportes

Xefe do Servizo: Daniel Piñeiro Devesa

Servizo de Produción de Programas

Xefe do Servizo: José Hilario Pino Sánchez

Servizo de Realización e Imaxe

Xefe do Servizo: Emilio Vila Covelo".

Á pregunta sobre "a necesidade da organización pola TVG dunha videoconferencia para a entrevista do presidente da Xunta de Galicia co vencedor da última edición do Tour de Francia, o ciclista Óscar Pereiro, dado o desprazamento do Vicepresidente a París nesa data", a Xunta afirma:

"Óscar Pereiro é o primeiro galego que sobe o podio da carreira ciclista máis importante do mundo. Ese foi o único criterio utilizado para tomar a decisión de que o presidente da Xunta o felicitara no nome de todos os galegos. O custe é case simbólico porque esa felicitación inclúese na entrevista que se lie fixo ó ciclista galego. A TVG non ten opinión sobre quen e en que actos deben

participar os membros do gobernó galego.

A decisión de que a pesar da presenza do vicepresidente da Xunta de Galicia era necesario celebrar esta videoconferencia tomouse conxuntamente polos responsables de elaborar as informacións sobre o Tour de Francia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 No cambié

Tdo o mundo sabe en deportes da TVG que había que meter a Touriño con calzador por orde expresa do Cid Controlador.
Non fora ser que entrasen insertos de Quintana e Feijóo e non houbera ningún do presi.
Postos a manipular o Controlador pode dar leccións a calquera.Ainda se lembra na tele a campaña denigrante que lle fixo o PP na época do tripartito.Só lles sacaba vellos-as e cadeiras valeiras.
Ise debeu ser un dos seus méritos para ter o posto que detenta, porque por curricula non sería.

1 Miche

Jajaja...vaya respuesta...a lo mejor la "imposición" de la entrevista vino porque en Paris estaban el Vicepresidente del Gobierno y el Presidente del partido de la oposición. Si Touriño queria salir "en la foto" tenia que haber ido a Paris.
Por cierto eso de "despues de consultar con el ciclista" no se lo cree ni el que aso la manteca puesto que Pereiro no es precisamente un Fan de los sociatas.