Temas: CAMBADOS

A Administración central rexeita un informe técnico do Concello de Cambados por estar escrito en galego

O goberno local denuncia que o documento si foi aceptado por varios ministerios, pero non pola delegación de Costas en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/09/2021 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, rexeitou un documento técnico elaborado polo Concello de Cambados para a tramitación do plan especial do porto de San Tomé e Tragove por estar escrito en galego.

Fachada do Concello de Cambados
Fachada do Concello de Cambados | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Segundo explicou este martes o concelleiro de Urbanismo do concello do Salnés, Xurxo Charlín, o mesmo informe foi remitido a varios departamentos da Administración estatal pero unicamente foi rexeitado por estar en lingua galega pola delegación pontevedresa do servizo de Costas.

O edil lamentou os prexuízos que causará a decisión da oficina de Costsa, que se escuda no artigo 15 da Lei 39/2015, onde se establece o castelán como lingua para os procedementos administrativos.

Con todo, ese mesmo artigo permite que o interesado escolla a lingua na que realizar o trámite, aínda que fixa que, no caso de que existan varios interesados e existise unha discrepancia en canto ao idioma, o castelán prevalecería por enriba do resto.

Para Xurxo Charlín, "é incomprensible" que o Servizo de Costas de Pontevedra careza dunha persoa "que poida interpretar un documento técnico escrito en galego".

Así, o goberno local verase obrigado a traducir ao castelán as máis de 400 páxinas que compoñen o informe, o que suporá "un importante atraso" na tramitación do plan especial do porto cambadés, en elaboración desde o ano 2014 e que ten no documento rexeitado por Costas o penúltimo paso antes de poder ser levado a pleno para a súa aprobación.

Temas: CAMBADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Galega de Vigo

Foi unha cuestión de odio ao galego ou Galiza, ou foi máis unha estratexia para atrasar a aplicación do proxecto? Que non haxa na delegación de Costas de Pontevedra unha persoa que saiba traducir soa moi suspeitoso.

1 nostrus

Non quero valorar o feito e moito menos entrar no debate, pero si as cousas se fan en español poden ser oficiales en mais de vinte paises.

1 Amancio

Non quero valorar o feito e moito menos entrar no debate, mais se as cousas fosen feitas en inglés poderían ser oficiais en máis de cincuenta e cinco paises e vinte e sete entidades territoriais.