A noite do venres sáldase con sete feridos en varios accidentes de circulación

O máis grave tivo lugar en Redondela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Sete persoas resultaron feridas en varios accidentes de circulación rexistrados nas estradas galegas durante a noite do venres e dos que informou na mañá deste sábado o CIAE 112 Galicia. O máis grave tivo lugar en Redondela, onde tres persoas necesitaron atención médica na colisión de tres coches no punto quilométrico 1 da estrada N-555, á altura da parroquia de Cedeira.

A central de emerxencias tivo coñecemento do sinistro ás 21,00 horas a través do sistema 'E-call' dun dos turismos implicados, que activou de forma automática a chamada ao 112 con información sobre a localización do inicidente.

Desprazados ao lugar, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 evacuaron aos tres feridos a un centro hospitalario.

ACCIDENTES EN MOS, BAIONA E RIBEIRA

Así mesmo, outros tres accidentes de circulación saldáronse con catro persoas feridas, dúas delas en Ribeira, onde os ocupantes dun vehículo que sufriu unha saída de vía tiveron que ser evacuados a un hospital.

Sucedeu ás 02,00 horas do sábado na Rúa do Norte de Palmeira. Horas antes, os municipios de Mos e Baiona foron escenario de dous accidentes con varios coches implicados pero nos que dúas persoas resultaron feridas.

Ao redor das 20,00 horas, a colisión entre tres turismos na autovía A-55 deixou unha persoa ferida e, media hora máis tarde, outro sinistro con varios vehículos afectados tamén obrigou aos servizos do 061 a evacuar a un ferido, trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta