Diego Gago será o único candidato á Presidencia de Novas Xeracións

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/02/2014 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Diego Gago Bugarín será o único candidato á Presidencia de Novas Xeracións no IX Congreso autonómico. O actual presidente provincial da organización en Pontevedra fixo entrega das máis de 800 sinaturas que avalan a súa candidatura aos membros do Comité Organizador do Congreso, onte pola tarde na sede do PPdeG, o último día establecido para presentar as candidaturas. Gago conseguiu, polo tanto, o dobre de avais do mínimo que se esixía a todos os que decidisen aspirar á Presidencia de Novas Xeracións.

Diego Gago, de Novas Xeracións, as mocidades do PPdeG
Diego Gago, de Novas Xeracións, as mocidades do PPdeG

Diego Gago Bugarín naceu en Vigo en setembro de 1987. Licenciado en Dereito Económico pola Universidade de Vigo, actualmente está a facer un Máster en Tributación e Asesoría Fiscal pola Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA).

Foi membro do Consello de Goberno da Universidade de Vigo entre os anos 2010 e 2012. Así mesmo, foi membro do Claustro da Universidade de Vigo entre os anos 2008 e 2012. Ademais, ocupou o cargo de presidente da Asociación de Estudantes UNEGA entre 2006 e 2007.

Gago inicia a súa andadura na política en marzo de 2004, cando se afilia en Novas Xeracións. A partir dese momento, desempeñou cargos como o de secretario de ensinanzas e vicesecretario local en Vigo entre 2006 e 2009, e foi tamén vicesecretario de comunicación provincial entre 2007 e 2010.

Actualmente, é membro do Comité Executivo provincial e do Comité de Dirección local de Vigo, vogal da Xunta Directiva do PP e do PPdeG e presidente provincial de Novas Xeracións de Pontevedra desde 2010.

Así mesmo, Gago foi nas listas locais de Vigo para as eleccións municipais de 2011 e de suplente para as de 2007 e foi suplente nas últimas listas das autonómicas de 2012.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta