GC Aberto

A conciliación, unha quimera para os traballadores, tamén en Mercadona

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2021

Comparte esta noticia

Vivimos unha realidade laboral onde a conciliación da vida laboral coa persoal é unha utopía, cando non unha quimera. 

Mobilización da CIG ante un Mercadona polos supostos 'abusos laborais' da cadea de supermercados
Mobilización da CIG ante un Mercadona polos supostos 'abusos laborais' da cadea de supermercados | Fonte: CIG.gal

Os distintos gobernos ñenchense a boca con a palabra conciliación, pero a clase traballadora vive na realidade, non sobre o papel mollado das teorías sen medidas efectivas. 

Como delegado de personal da Sección Sindical da CIG en Mercadona, formo parte do grupo de traballadoras e traballadores que vimos denunciando o horario laboral flexible, que é outro atentado contra a conciliación familiar.

Dende á CIG falamos das quendas de traballo que varían a conveniencia da empresa e imposibilitan a conciliación da vida persoal coa laboral a tódolos niveis. 

O dereito a ter unha reducción de xornada por conciliación familiar foi convertido en papel mollado pola acción e pola inacción dos distintos gobernos. 

No caso de Mercadona entendemos moi grave a existencia de parrillas horarias asinadas cos sindicatos amigos da empresa. Unhas parrillas horarias que priorizan sen disimulo ás necesidades das tendas por encima das necesidades do menor ou da persoa dependente que precisa os coidados. A existencia destas parrillas horarias é en si mesmo unha vergoña, e na práctica significa de feito atentar contra a base do dereito a conciliación e da súa utilidade. 

Ademáis da coletilla que permite a revisión dos horarios de redución de xornada periodicamente, que ven sendo cando lle interesa a empresa. Cousas como por exemplo  "podes vir neste horario ou facer máis horas, etc" que son dunha voluntariedade relativa. 

Cando estamos falando dunha redución de xornada para coidado dos fillos ou dun familiar que precisa coidados, o cambio de horario debería ser sempre solicitado polo traballador e non suxerido pola empresa. 

Tampouco Mercadona decidiu dar o paso de ampliar a redución de xornada por cuidado de menor dos 12 aos 14 anos, todo quedou nun paripé con cambio de contrato incluíndo onde a traballadora ou traballador ten que adaptarse ás necesidades da tenda, deixando as necesidades do menor a un lado, e facendo desta medida un sin sentido.

Os sindicatos de cabeceira de Mercadona CCOOUXT entenden que sempre toca que cedan ós traballadores, pero ceden por medo, vendose na obriga de modificar horarios afectando tamén a vida das súas parellas, ou do resto da familia.

Tanto vender dende ás institucións a necesidade de ter uns horarios que permitan conciliar, para facer logo todo o contrario e acordar horarios que son un paso atrás máis que evidente. 

Mercadona e os seus sindicatos de cabeceira venden o éxito de librar 2 días a semana a base de facer máis horas os 5 días de traballo, algo que é positivo, pero a costa de ceder en todo o demáis, de non ter un horario fixo, pois está flexibilidade horarias é un paso atrás a hora de organizarnos, de ter unha vida, cada mes un novo horario, cada día un horario diferente, ¿como pode vender un sindicato isto como un avance?.

Mercadona di ser unha empresa modélica,  mentres dá pasos atrás para os traballadores en dereitos fundamentais, dende as famosas parrillas horarias para poder solicitar a redución de xornada por conciliación familiar de Mercadona, que son un esperpento asinado polos sindicatos "maioritarios". Ata o feito de qué en Mercadona temos o horario anual máis amplio do sector.

Ademáis de temas como dudosa voluntariedade de traballar os festivos, a actitude antisindical con todo sindicato que pretende exercer realmente como representante das traballadoras e traballadores de Mercadona. E moitos outros temas que dende a Sección Sindical da CIG vimos denunciando na Provincia de A Coruña. 

André Abeledo Fernández (Delegado de persoal da CIG en Mercadona na Provincia da Coruña).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta