A nova "moda" dos peregrinos que podería danar a Catedral de Santiago

A Rede do Patrimonio alerta da "acumulación" de obxectos nos muros do templo compostelán, e piden a actuación das autoridades "antes de ter que lamentar danos maiores".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Os efectos do turismo séguense a notar en Santiago de Compostela. Máis alá das rúas cheas, os restaurantes ao máximo da súa capacidade e os responsables institucionais satisfeitos, a chegada incesante de camiñantes podería deixar unha externalidade negativa sobre a capital galega. E é que a Rede do Patrimonio vén de alertar dunha "moda" por parte dos peregrinos que podería poñer en perigo a integridade da Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.

Chaleques de peregrinos na fachada oeste da Catedral de Santiago
Chaleques de peregrinos na fachada oeste da Catedral de Santiago | Fonte: Rede do Patrimonio

Segundo describen dende a plataforma, que vén de informar da cuestión na súa conta de Twitter, cada vez máis camiñantes estarían a deixar algún recordo sobre os muros que pechan a entrada oeste do templo. "Hoxe é unha acumulación de obxectos e peluches, pero xa vemos quen gabea polas rexas para deixar chaleques, pedras o cunchas", explica a voceira da Rede, Soledad Felloza.

A Rede apunta que "ve preocupación" unha práctica que "leva xa algún días ocupando a recentemente restaurada fachada" da Catedral e insta ás autoridades a tomar "as medidas pertinentes para non ter que lamentar "anos maiores". "Compartimos e comprendemos a emoción que pode sentir o peregrino ou a peregrina cando remata o seu Camiño, máis cómpre facer o aviso unha vez máis: 'deixar só pegadas no Camiño, e só levar fotografías e lembranzas'",apunta a voceira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta