Temas: FRASEOLOXíA

"Quen entra pola miña soleira vólvese da mesma maneira", unha das equivalentes a “dos que duermen en un colchón se vuelven de la misma condición”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 10/10/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Para dar a entender que dúas persoas que fan vida conxugal adoitan acabar cadrando en gran medida en actitudes e mais en xeito de pensar, en castelán é habitual escoitar a paremia dos que duermen en un (mismo) colchón se vuelven de la misma condición.

Cartel de soñar en Lugo - Minimundos
Cartel de soñar en Lugo - Minimundos

Vexamos no artigo de hoxe paremias que espremen esa mesma idea en galego:

Dos que duermen en un (mismo) colchón se vuelven de la misma condición

Dos que duermen en el mismo colchón se vuelven de la misma opinión

{= Paremias con que se manifesta que dúas persoas que fan vida conxugal adoitan acabar cadrando en gran medida en actitudes e xeito de pensar.}

Quen entra pola miña soleira vólvese da mesma maneira

Dous que dormen nun xergón vólvense da mesma opinión

Dous que dormen sobre un colchón vólvense da mesma opinión

Dous que dormen nun (mesmo) colchón víranse da mesma opinión # vólvense da mesma opinión

Os que dormen no mesmo colchón vólvense da mesma condición

Ex.: —Antes era una tía con mentalidad más bien de izquierdas, pero desde que se juntó con el corredor de bolsa... —Es que, al final, eso de que dos que duermen en un colchón se vuelven de la misma condición es real como la vida misma, hijo.

— Antes era unha paisana con mentalidade máis ben de esquerdas, pero desde que se arrimou ó corretor de bolsa... — É que, ó cabo, iso de que quen entra pola miña soleira se volve da mesma maneira  iso de que dous que dormen nun xergón se volven da mesma opinión iso de que dous que dormen sobre un colchón se volven da mesma opinión iso de que dous que dormen nun (mesmo) colchón se viran da mesma opinión éche real coma a vida mesma, meu rei.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Conde Tarrío, Germán: Diccionario de refráns. Correspondencias en castelán e francés. Editorial Galaxia, Vigo, 2001.

- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: Refraneiro Galego Básico. Ed. Galaxia. Vigo, 1987..

- Garrido Palacios, Manuel: “Los 400 refranes recogidos en la aldea de Fonfría (Lugo)”. Tirado do url http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/los-400-refranes-recogidos-en-la-aldea-de-fonfria-lugo/html/.

- Soto Arias, María do Rosario: Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 3, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta