Os nacementos descenden case un 4% en Galicia ata agosto

Rexístrase unha diminución do 6,52% (685 menos) respecto 2019 nas mesmas datas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 9.813 nacementos ata agosto, o que supón un 3,93% menos (402 menos) que nos oito primeiros meses de 2020, segundo os datos dun estudo experimental que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Con todo, este descenso supón paliar a caída do 5,49% que existía no acumulado ata xullo. Iso si, o retroceso do 3,93% de Galicia é superior á media española (-3,43%). Na comparativa con 2019, os 9.813 alumeamentos galegos tradúcense nunha diminución do 6,52% (685 menos) que hai dous anos polas mesmas datas.

Por provincias, nos oito primeiros meses do ano houbo 4.175 nacementos na Coruña (-4,6%). Séguelle Pontevedra, con 3.574 (-4,47%); Lugo, 1.099 (-4%); e Ourense, 966 (-1,44%).

Unha muller aleita ao seu bebé no Hospital de Xaén.. XUNTA
Unha muller aleita ao seu bebé no Hospital de Xaén.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Nacionalismo Internacionalista da UPG podería asumir alomenos este proxecto de futuro para a Galicia Baleira (?) Claro que ao mellor é unha cousa de pureza racial o que paraliza este proxecto : https://i.gal/gam25 Paco Rodríguez está moi calado... azuzando as escaramuzas dos Arredistas a bater o cobre no Cónclave Nacional da Coruña (?) Seguimos para Bingo !