O SLG asegura que a nova PAC será "catastrófica" para Galicia

Pide á Xunta unha reunión "de urxencia" para tentar reformar unhas bases que levan a un trato "totalmente discriminatorio" para a comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba, alerta de que a nova PAC ata 2027 terá consecuencias "catastróficas" para Galicia, polo que demanda á Consellería de Medio Rural unha reunión de "urxencia" con representantes de organizacións agrarias e cooperativas. Nunha rolda de prensa en Santiago, Vilalba cargou contra o "trato totalmente discriminatorio para Galicia", que sofre os importes de axudas "máis baixos" por persoa en activo. Así, "penaliza moito" á comunidade galega que se base en criterios de superficie.

Así, critica os criterios "discriminatorios" para os mozos ao basearse os apoios nos dereitos históricos. E é que se "tiñan cero euros de importe" en 2020, esa será a referencia que se tome. Respecto diso, sinalou que non acepta a postura da Xunta de que "é algo tan avanzado" que non é reconducible, pois remarca que Aragón acaba de presentar alegacións en setembro.

Vacas pastando
Vacas pastando | Fonte: Xunta.

FONDOS PARA OS GRANDES PROPIETARIOS

Ademais, Vilalba censura que "deixaron totalmente descafeinado" a definición de agricultor xenuíno, xa que mentres os mozos cobrarán "cero euros", existen "subterfuxios" para que grandes preceptores poden alcanzar un millón de euros. Unha das cuestións que lle parece "gravísima" é que o pago verde, que supón a metade dos ingresos, "está totalmente no aire", dado que agora se aposta por ecoesquemas dos que moitas granxas galegas quedarían " fóra" e producen moitos "custos de burocracia".

No tocante ao pago básico, o SLG recrimina que é un modelo "totalmente discriminatorio" para a comunidade galega. Igualmente, lamenta a diferenza entre territorios nos pagos por pastos permanentes, posto que en Galicia queda en 135 euros por hectárea fronte aos 198 euros que se alcanza en Cantabria. Cifra nunha perda de máis de 30 millóns ao ano en pagos por hectáreas permanentes. Tamén reproba que o Ministerio de Agricultura non recoñece que exista o regadío en Galicia para axudas, a pesar do seu emprego en zonas como A Limia, Terra Chá e Monforte.

Por todo iso, a responsable do Sindicato Labrego avisa de que se vive un "momento crítico" e "hai que reconducir un modelo que é moi negativo para Galicia", posto que identifica a "conformidade" da Xunta con "complicidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta