Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2021 | Actualizada ás 17:07
A Fundación Amigó promove programas de prevención en centros escolares para o "control da violencia", segundo explicou o representante da entidade, José Antonio Morala, coincidindo coa visita que a rexedora da Coruña, Inés Rey, realizou xunto á concelleira de Benestar Social, Yoya Neira.
Nela, a alcaldesa encomiou o labor que realiza a entidade para axudar ás familias nos casos de violencia-filoparental, á que cualificou como "unha realidade silenciosa" e á que esta entidade axuda a dar solución.
Rey destacou tamén a colaboración do goberno municipal con 88 entidades, ás que axudan cun convenio de máis de tres millóns de euros. O obxectivo para a rexedora municipal é "mellorar a convivencia" e "axudar a persoas en dificultades".
Pola súa banda, Morala explicou que a Fundación Amigó realiza un labor de "prevención" en centros escolares para "o control da violencia". A entidade asesora ás familias e traballa cos menores cun equipo de psicólogos e educadores sociais que axudan a controlar e mellorar as actitudes de "violencia e rebeldía" que mostran os mozos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.