Formoso: "O obxectivo do PSdeG non é gañarlle ao BNG senón ao PP e cambiar Galicia"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2021 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O candidato a liderar o PSdeG e secretario xeral do PSOE coruñés, Valentín González Formoso, subliñou que o obxectivo da formación "non é gañar ao BNG" senón ao Partido Popular e "cambiar Galicia". "Necesitamos á fronte do PSdeG un secretario xeral que non renuncie a gobernar o país", sostivo.

Formoso mantivo na mañá deste sábado un encontro coa militancia de Boiro, do que informou a súa candidatura nun comunicado e no que reivindicou un PSdeG "forte e unido", que "non renuncie a gobernar Galicia".

"Os compañeiros e compañeiras comparten que o PSdeG ten que ser unha forza que ilusione á militancia, que estea á beira da xente e, como fixo noutros tempos, volva ter criterios obre asuntos de país e non se limite a sinalar problemas, senón tamén a achegar solucións", manifestou.

Neste sentido, Formoso apostou por un socialismo útil para a sociedade. "Porque esa é a nosa forma de ser e a nosa forma de gobernar", afirmou.

O secretario xeral dos socialistas coruñeses asegurou que a cidadanía "sabe observar perfectamente a aqueles que están nas institucións para cambiar a vida das persoas. "Non son as palabras as que hai que ter en conta, senón os feitos cos que xestionamos as administracións nas que gobernamos, onde a protección social dos máis desfavorecidos, a reactivación económica e social, o fomento da cultura, da lingua e da igualdade son os alicerces fundamentais", dixo.

González Formoso continuará na comarca de Barbanza e na de Santiago, a súa rolda de encontros coa militancia con motivo da celebración das primarias.

O aspirante á Secretaría xeral do PSdeG Valentín González Formoso con militantes en Boiro. CANDIDATURA FORMOSO
O aspirante á Secretaría xeral do PSdeG Valentín González Formoso con militantes en Boiro. CANDIDATURA FORMOSO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta