O Concello da Coruña pide ao Goberno e a Xunta que se "mollen" por Alu Ibérica

"Non sabemos que fan coas competencias que teñen", aseverou o voceiro local a respecto do executivo autonómico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O portavoz do goberno local da Coruña, José Manuel Lage, pediu ao Executivo central e á Xunta que se "mollen" na procura dunha solución que garanta a viabilidade da planta de Alu Ibérica. Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, ante as demandas dos traballadores a este respecto e sobre o posicionamento do goberno local. Lage trasladou o apoio de forma "rotunda e claro" ao persoal por parte do consistorio e manifestou que lle consta que a alcaldesa, Inés Rey, mantén unha "interlocución permanente co goberno de España".

A este, pero tamén á Xunta, aludindo ás súas competencias en materia de industria, pediulle que "se molle" para facer todo "o posible" e axudar aos traballadores e tamén a garantir "a viabilidade" da planta.  "Que se poñan todos os mecanismos e posibilidades sobre a mesa e salvar o emprego e a viabilidade dunha industria", recalcou Lage. En alusión en concreto á Xunta, asegurou que o Executivo galego parece máis "un goberno de tertulianos que se dedican a comentar a xogada".

"Non sabemos que fan coas competencias que teñen", recalcou o portavoz do goberno local coruñés, que lle pediu que "actúe".

Arquivo - Protesta de traballadores de Alu Ibérica. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Protesta de traballadores de Alu Ibérica. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta