Investigado por cultivar marihuana 'enganchado' á luz en Vilanova de Arousa

O responsable da plantación ten 31 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Garda Civil desmantelou unha plantación de marihuana localizada nun invernadoiro de Vilanova de Arousa, cuxo responsable, un veciño desta localidade de 31 anos de idade, está investigado penalmente como presunto autor dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación do fluído eléctrico.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse hai un mes, ao ter coñecemento os axentes dun posible enganche ilegal na subministración eléctrica da rede pública. As pescudas conduciron a un invernadoiro en Vilanova de Arousa, situado nunha leira privada.

Nesta instalación, a Garda Civil atopouse unha plantación de marihuana. Así, puideron arrincar 20 plantas da variedade Sativa, en pleno período de floración; nun colector frigorífico, os axentes localizaron outras 16 plantas, que tamén foron intervidas, ademais de útiles para o cultivo, como ventiladores, un deshumidificador, extractor e filtro de aire, tres temporizadores e outros 3 transformadores, 7 focos de iluminación de alto consumo, unha picadora industrial e abonos minerais.

Nesta operación, que se enmarca no plan de resposta policial contra o cultivo e tráfico ilegal de marihuana, participaron efectivos dos postos da Garda civil de Vilagarcía e de Arousa e de Caldas de Reis. O dono do invernadoiro, investigado por tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico, foi posto a disposición do xulgado de Vilagarcía, xunto coas plantas e o resto de material intervido.

Plantas de marihuana localizadas pola Garda Civil nun invernadoiro de Vilanova de Arousa (Pontevedra), cuxo dono está investigado penalmente por tráfico de drogas e defraudación do fluído eléctrico.. GARDA CIVIL
Plantas de marihuana localizadas pola Garda Civil nun invernadoiro de Vilanova de Arousa (Pontevedra), cuxo dono está investigado penalmente por tráfico de drogas e defraudación do fluído eléctrico.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta