As industrias con sede fóra de Galicia facturan o 31% do total do sector

Así o vén de publicar o IGE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2021 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A cifra de negocios das empresas industriais con sede fóra de Galicia supón o 30,9% do total do importe neto da facturación destas empresas con actividade na comunidade. Así o recolle unha estatística sobre multilocalización empresarial que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), con datos de 2019.

Para as empresas dedicadas ao sector servizos, esta porcentaxe sitúase no 21,6% e para as comerciais a cifra baixa ao 15%. No tocante a emprego, as empresas industriais con sede fóra de Galicia dan traballo ao 11,2% dos ocupados no sector na comunidade. En comercio a cifra é semellante (12,5%) e en servizos sobe ao 19,8%.

No que respecta ás industrias con sede en Galicia que en 2019 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade, o 5,1% do importe neto da cifra de negocios facturouse fóra. No sector servizos a porcentaxe elévase ao 7,4% e no comercio ao 19,4%.

Dous empregados de PSA traballan na planta de Vigo. VÍCTOR CAMESELLE - Arquivo
Dous empregados de PSA traballan na planta de Vigo. VÍCTOR CAMESELLE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta