O emigrante pontevedrés Casimiro Gómez, xa ten mural nun colexio da súa cidade

Ata a data, o programa 'O teu cole na historia' xa se traduciu en 17 murais en colexios de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | | 15/10/2021 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Casimiro Gómez Cobas, empresario, filántropo e emigrante pontevedrés que doou os terreos para o CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos xa ten mural na cidade. A obra realizada por Kike Mauricio e Carlos Taboada reflexa a historia deste centro escolar, que comeza coa emigración galega, e máis concretamente coa figura deste emigrante.

Mural de  Casimiro Gómez Cobas, empresario, filántropo e emigrante pontevedrés  no CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos
Mural de Casimiro Gómez Cobas, empresario, filántropo e emigrante pontevedrés no CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos | Fonte: Concello de Pontevedra

 

Deste xeito, o equipo creativo de Polo Correo do Vento vén de rematar no CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos de Pontevedra un novo mural do proxecto 'O teu cole na historia, coñecendo a túa contorna', impulsado pola Concellería de Educación co obxectivo de que o alumnado dos colexios de Pontevedra coñeza a historia dos seus centros e acaden unha maior identificación con eles.

"No mural aparece representado Casimiro Gómez arriba á esquerda, mentres que máis abaixo pódese ver unha parella de feirantes do antigo Campo da Feira, que así era como se chamaba a praza dedicada a estes mesteres ao abeiro do muro de Santa Clara ata que en 1970 pasou a ser a Praza de Barcelos, en irmandade coa cidade portuguesa, e así se denominou tamén ao colexio", explica o tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández.

Ata a data, o programa 'O teu cole na historia' xa se traduciu en 17 murais nos CEIP Praza de Barcelos, Daría González, A Xunqueira I, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Froebel, Parada-Campañó, Cabanas (Salcedo), Ponte Sampaio, San Martiño (Salcedo), San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Santo André de Xeve; os CEP Campolongo e Marcos da Portela, e as EEI Fina Casalderrey e Verducido. Asemade, a iniciativa da Concellería de Educación ten previstas intervencións nos CEIP A Carballeira, Marcón e Vilaverde (Mourente) e a EEI Concepción Crespo Rivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta