Xulgan ao arquitecto municipal de Negreira por presunta falsificación de documento público

Piden catro anos de cárcere por asinar un documento que, sabía, era falso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2021 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o mércores, día 20, o xuízo contra o que en 2017 era o arquitecto municipal de Negreira por presunta falsificación documental, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público solicita para o acusado catro anos de cárcere por, presuntamente, asinar, a propósito da súa falsidade, unha acta de recepción dunha obra que non correspondía co proxecto inicial.

Os feitos remóntanse ao 9 de maio do 2017 cando, segundo Fiscalía, produciuse a firma da acta de recepción dunha obra asfaltada, "sen que a obra executada o fose conforme ao proxecto realizado polo propio arquitecto municipal, dado que existe unha diferenza en metros cadrados na pavimentación da pista".

"Así mesmo tamén falta na execución da obra, a creación de cunetas, só realizada parcialmente e ausencia na formación de noiros, sen que conste outro documento que recolla variacións nas medicións ou na execución final do proxecto", engade.

Xulgados.
Xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta