Por gcdeportes | Lugo | 22/02/2014 | Actualizada ás 03:16
Ficha técnica:
Hospital Llevant Manacor 1: Medina, Vadillo, Joao, Vega e Chicho --cinco inicial-- Lemine, Bruno Taffy, Joselito e Tomaz.
Azkar Lugo 4: Mendiola, Aranburu, Iago Rodríguez, Cuco e Chano, --cinco inicial--, Cospe, Álex Diz, Antonio Diz, Iago Rodríguez e Zala.
Goles: 0-1: Chano (10'). 0-2: Álex Diz (20'). 1-2: Bruno Taffy (26'). 1-3: Aranburu, de dobre penalti (36'). 1-4: Iago Rodríguez (40').
Árbitros: Fortes Pardo e Martínez Flores (murcianos). Amarelas a Vadillo, Lemine, Medina, Chicho, Vega, Barrón e Manu Orellana no Manacor e a Chano e Mendiola no Azkar.
Incidencias: partido da 22ª xornada da LNFS disputado no Palma Arena ente uns 150 espectadores.
Vitoria de catro puntos, xa que o Azkar Lugo tamén acadou o gol-average tras vencer 1-4 ao Hospital Llevant de Manacor (perdera 1-3 en Lugo). Traballada e sufrida, xa que os mallorquinos apertaron no segundo periodo. O meta Mendiola e a defensa pronista evitaron o segundo gol dos locais.
Chegaban os dous equipos con 16 puntos na táboa e o partido arrincou con igualdade, aínda que os lucenses levaban máis perigo. A primeira gran ocasión foi para Antonio Diz, que enviou un balón ao pau. Foi un aviso. Chano marcou o 0-1 no ecuador do primeiro tempo. A partir de aí, solidez en defensa e buscando o gol nas contras. Así chegou o 0-2, pouco antes do tempo de lecer, obra de Álex Diz.
No segundo periodo, os locais levaban o control e o Azkar traballaba arreo en defensa. Aínda así, Zala puido marcar o 0-3, pero o balón petou de novo no pau. Bruno Taffy fixo o 1-2 no minuto 26 cun disparo cruzado. Mendiola tivo que empregarse a fondo e Joselito errou unha clara ocasión. O Manacor cometeu a sexta falta e o capitán Aranburu, que estaba no banco por molestias no xemelgo, saiu para marcar dende os dez metros o 1-3. Errou o primeiro lanzamento, pero o árbitro mandou repetir. Os locais meteron porteiro-xogador a cuatro minutos do final, pero o Azkar aguantou ben en defensa e aos 13 segundos do final Iago Rodríguez sentenciaba definitivamente co 1-4.
O Burela Pescados Rubén, sétimo con 29 puntos, visita hoxe (16.15, Crtvg-2) a pista do Barcelona Alusport, terceiro con 47 puntos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.