Temas: VERáN

O mercado exterior galego dispárase no verán co foco nas prendas de vestir

As exportacións aumentan un 20'5% e as importacións un 25'9%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

As exportacións galegas subiron un 20,5% en agosto en Galicia, ata 1.852,23 millóns de euros, mentres as importacións creceron un 25,9%, ata 1.552,71 millóns. O saldo comercial situouse, así, en 329,52 millóns de euros.

Segundo o informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), de xaneiro a agosto as exportacións incrementáronse un 22,9%, ata 14.929,66 millóns; e as importacións un 24%, ata 12.601,39 millóns, o que deixa o saldo en 2.328,27 millóns.

En agosto, os produtos con maior influencia positiva nas exportacións de agosto foron as 'Pezas de vestir, non de punto', seguidas polos 'Combustibles, aceites minerais. Pola contra, os produtos con máis repercusión negativa foron os 'Vehículos automóbiles; tractores'.

Muller con máscara nunha tenda de roupa.. XUNTA - Arquivo
Muller con máscara nunha tenda de roupa.. XUNTA - Arquivo

Temas: VERáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta