A cúpula do antigo Pastor, imputada por fraude

José María Arias Mosquera e Jorge Gost Gijón terán que declarar este martes ante o xulgado número 3 da Coruña. Están acusados de presuntos delitos de administración fraudulenta, societario, un delito de falsidade en documento mercantil e outro de estafa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/02/2014 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

José María Arias Mosquera e Jorge Gost Gijón, expresidente do consello de administración e conselleiro delegado, respectivamente do Banco Pastor  foron imputados por presuntos delitos de administración fraudulenta, societario, un delito de falsidade en documento mercantil e outro de estafa.

Fachada do Banco Pastor
Fachada do Banco Pastor | Fonte: Remo Flickr

Segundo informan xa varios medios e axencias, será mañá martes cando os ex máximos responsables do banco teñan que declarar no xulgado de instrución número 3 da Coruña que leva o caso. Terán que responder á querela criminal interposta por un pequeno accionista.

Os feitos remóntanse aos exercicios 2008, 2009 e 2010 cando este pequeno accionista demostrou  que "as contas da sociedade eran falseadas mediante unha trama financeira articulada con sociedades das que o propio Banco Pastor era propietario".

"A operativa deseñada permitía dar aparencia de solvencia a un banco que estaba en quebra legal e nesa situación dirixíase ao mercado de valores e lanzaba preferentes e accións para ser subscritas as emisións por pequenos clientes comerciantes", denuncia.

"Inxusto"

Pola súa banda, o Banco Pastor considera "inxusta" esta querela. "Ante a inxusta interposición da querela contra o antigo consello do Pastor, tanto os querelados, como o propio banco, resérvanse o exercicio de cantas accións correspóndanlle na defensa do seu bo nome, incluídas as de índole penal", sostén a entidade bancaria nun comunicado, no que avoga por "deixar aos tribunais facer o seu traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 eusi

E isto a partir dunha denuncia dun accionista? E a fiscalia e o Banco de Ejpaña desaparecidas en combate!

1 Guillermo Sautier Casaseca

A Fiscalía e o Banco de España teñen outras cousas mais relevantes que facer, que pararse nuns descubertos de pequena equitación.