A Marea Atlántica denuncia "falta" de novos investimentos na Coruña nos orzamentos da Xunta

Declara tamén que os plans previstos para a cidade non teñen proxectos desenvolvidos ou están pendentes de acordos políticos.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2021 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica cualificou de "electoralistas" os orzamentos da Xunta para 2022 e denunciou "falta" de novos investimentos na Coruña.

"Anúncianse investimentos millonarios en obras que levan anos, ou décadas, pendentes, como a ampliación do Chuac, o centro de saúde de Santa Lucía, a intermodal ou o porto, plans que, a pesar do atraso, non teñen aínda proxectos desenvolvidos ou están pendentes de acordos políticos complexos, como é o caso do bordo litoral".

"Así que, con toda probabilidade, esa choiva de millóns non se executará este ano", apostila. Por outra banda, indica que "se botan en falta novos investimentos e non hai nin rastro dalgunhas vellas promesas, como o albergue de peregrinos para o Camiño Inglés ou o tantas veces anunciado Ecobarrio de Elviña".

A portavoz da Marea Atlántica, María García, en rolda de prensa. SANDRA GARCÍA REI
A portavoz da Marea Atlántica, María García, en rolda de prensa. SANDRA GARCÍA REI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta