Aumenta a mobilidade da poboación ocupada de Galicia, do 2,1% ao 2,4% en 2021

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A mobilidade da poboación ocupada de Galicia aumentou con respecto ao acontecido hai un ano ao pasar a porcentaxe de persoas que cambiou de residencia nos últimos 12 meses do 2,1% en 2020 ao 2,4% en 2021.

Así o recolle a 'Enquisa de poboación activa. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica' que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). O 37,6% da poboación ocupada residente en Galicia no primeiro trimestre de 2021 non cambiara nunca de concello de residencia e o 37,7% si, pero non de provincia.

Entre os ocupados que no primeiro trimestre levaba residindo no mesmo concello menos dun ano, o 60,6% cambiara a súa residencia a outro municipio da mesma provincia.

A mobilidade da poboación desempregada é superior á da ocupada. Para o 3,5% dos galegos que no primeiro trimestre de 2021 estaba no paro transcorrera menos dun ano desde o último cambio de municipio de residencia.

Respecto ao ano 2020, diminúe a porcentaxe de poboación parada que cambiou de domicilio nos últimos doce meses: pasa de representar o 6,3% en 2020 ao 3,5% en 2021.

Traballador, nunha obra pública en Vigo durante a pandemia de Covid-19
Traballador, nunha obra pública en Vigo durante a pandemia de Covid-19 | Fonte: XdV

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta