O PPdeG non ve "razoable" falar de candidatos para as municipais agora: "Queda tempo"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, descartou falar nestes momentos de posibles candidatos para as eleccións municipais, ao ser preguntado por esta cuestión e polos procesos congresuais a nivel local.

A preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa que ofreceu este venres, dixo, sobre os citados procesos, que as novas direccións provinciais e a autonómica teñen que expor un calendario, falando previamente coas direccións locais. Por iso, descartou a posibilidade de anunciar nestes momentos "ningún congreso".

Ademais, ao celebrarse as eleccións municipais en 2023, asegurou que "queda tempo" para a renovación das estruturas orgánicas e tamén para proceder a designar candidatos, o que, dixo, farase "nun horizonte razoable".

"O momento non chegou, hai tempo suficiente", insistiu Tellado para quen agora toca "traballar cada un na responsabilidade que ocupa".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta