As probas selectivas do Sergas deste domingo rozan o 80% de participación

O conselleiro de Sanidade visita o recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, onde se realizan os exames

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou este domingo o recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde tivo lugar a última das probas selectivas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para cubrir 1.311 prazas de 48 especializades, cunha participación que rozou o 80%.

As persoas convocadas, segundo informou a Consellería nun comunicado, eran aspirantes da categoría de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Das 1.522 persoas este domingo acudiron 1.215, o que supón unha participación do 79,8%. O responsable de Sanidade estivo acompañado ademais pola directora xeral de Rercusos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez.

Comesaña destacou que en 2011 se incorporaron ao cadro de persoal fixo do Sergas un total de 1.640 profesionais, dos que 254 son persoal médico de familia, 93 pediatras de primaria; 7 odontólogos tamén de primaria; 126 persoal de servizos xerais; 71 fisioterapeutas; 772 técnicos en coidados auxiliares de enfermaría; 89 matronas; 2 persoal de enfermaría especialista en enfermaría do traballo; 30 en enfermaría familiar e comunitaria; 30 en enfermaría de saúde mental; e 166 en enfermaría pediátrica.

"Durante este ano o Sergas desenvolveu as probas selectivas para o acceso a 49 especialidades de persoal estatutario, co obxectivo de cubrir un total de 1.320 prazas", destacou. No segundo semestre de 2021, segundo explican, concretamente desde o 18 de setembro ata o 24 de outubro, distribuídas en oito xornadas de exame, realizáronse os exercicios da fase de oposición para a cobertura dun total de 1.311 prazas, das que 892 corresponden a 39 especialidades de facultativo de área, 89 a médico de urxencias hospitalarias, 10 a médico asistencial do 061 e cinco a médico de admisión e documentación clínica.

Tamén se desenvolveron os exercicios para cubrir 315 prazas de técnico sanitario das especialidades de farmacia, laboratorio de diagnóstico clínico, imaxe para o diagnóstico, hixiene bucodental, anatomía patolóxica e citología e radioloxía. "En todas as probas celebradas ata a data, a participación foi alta, situándose de media nunha porcentaxe superior ao 80%", incidiu Comesaña.

PROBAS EN 2022

Por outra banda, o responsable do departamento autonómico apuntou que, no primeiro semestre do 2022, está prevista a realización das probas selectivas para o acceso a 24 categorías de persoal de xestión e servizos, pertencentes aos colectivos profesionais de mantemento, hostalaría, traballo social e informática, así como facultativo especialista de área das especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, plástica, estética e reparadora; inmunoloxía e oncoloxía radioterápica; ademais de logopeda e terapeuta ocupacional.

Tamén se desenvolverán novos procesos para o acceso a prazas reservadas a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual --680--, nas categorías de pique e técnico en farmacia, con temarios e probas adaptadas.

Oposicións ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. XUNTA
Oposicións ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta