A Xunta galardoa as mellores videocreaciónss e videoxogos no Xuventude Crea 2021

Os premios entregáronse este sábado durante a celebración do evento Mo_cidade 2021 na Cidade da Cultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia entregou este fin de semana os primeiros premios das finais de Xuventude Crea, concretamente, nas categorías de videocreación e na de videoxogos realizados pola mocidade. Os premios, segundo informou a Consellería de Política Social, entregáronse este sábado durante a celebración do evento Mo_cidade 2021 na Cidade da Cultura.

Na modalidade de videocreación, na que participaron 25 proxectos e dos que dez chegaron á final, o galardoado foi Aarón Vilariño Figueiras, de Santiago de Compostela, pola obra Peixe; o segundo, para Vulgaris de Mario Fernández Filloy, do Carballiño; e o terceiro foi compartido entre Juan Rodríguez Bas, de Gondomar, con O principio do movemento, e para Alba Rodríguez Villar, de Cedeira, con Quebec delta. Nesta especialidade a duración das obras é dun mínimo de dous minutos e dun máximo de oito e, ademais, trátase dun produto inédito e en galego.

Por outra banda, na segunda edición da categoría de creación de videoxogos, foron seis as creacións que se presentaron, das que catro chegaron á última fase. O primeiro premio recaeu en Misery, de Hopless Productions, de Manuel Silva e Pedro Peteiro, de Oleiros; o segundo foi para Valico, the grim world de Team Valico, realizado por Iván Fernández e Luís D.Lobo de Vigo; e o terceiro foi para Underworld de Osfados, por Alba Paz e Alison Dieste, de Cambados.

Neste caso, os proxectos consisten nun prototipo funcional ou xogo completo con aspecto e calidade final. Son traballos orixinais, inéditos e con textos en galego, excepto a banda sonora que podía estar en calquera lingua. Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

Premios a videocreación e videoxogos en Xuventude Crea 2021. XUNTA DE GALICIA
Premios a videocreación e videoxogos en Xuventude Crea 2021. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta