Segunda "oportunidade" do BNG a PP e PSOE para que apoien o rescate da AP-9

"O BNG sempre denunciou que as peaxes da AP-9 son unha estafa e unha discriminación a Galicia, por iso é polo que persista na reclamación dunha autoestrada galega e libre de cargas", manifestou Ana Pontón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2021 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou que durante o pleno que arrinca este martes na Cámara galega, PPdeG e PSdeG terán "unha segunda oportunidade" para apoiar, esta vez, o rescate da autoestrada AP-9, despois de que a Comisión Europea declarase "ilegal" as sucesivas prórrogas aprobadas desde 2013.

Neste sentido, en rolda de prensa, Pontón lembrou a última prórroga de 25 anos baixo o Goberno de Aznar, "autor tamén da privatización a prezo de saldo" e co actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como conselleiro de Infraestruturas.

"O BNG sempre denunciou que as peaxes da AP-9 son unha estafa e unha discriminación a Galicia, por iso é polo que persista na reclamación dunha autoestrada galega e libre de cargas", manifestou Pontón, quen puxo encima da mesa como novo elemento o feito de que o Goberno europeo declarase a concesión actual "ilegal", o que "implica que os galegos pagaron 1.091 millóns de euros de forma ilegal a Audasa".

Ao seu xuízo, esta situación "só pode ter como desenlace a cancelación da concesión e o rescate" para ter unha AP-9 libre de peaxes, como o son tamén outras autoestradas da mesma época. Por iso, esta iniciativa do BNG, dixo, é unha "oportunidade de que PP e PSOE rectifiquen e se poñan de lado de Galicia, apoiando esta proposta, en lugar dunha posición partidista ou de seguidismo do que se decide en Madrid".

Pontón incidiu en que as concesións son "ilegais" e que, por tanto, Goberno central e autonómico "deben traballar para anulalas e rescatar a AP-9, sobre todo tendo en conta que a autoestrada está requeteamortizada". Ademais, advertiu de que o BNG "non vai aceptar o argumento de que non é posible", xa que foron rescatadas as radiais madrileñas con 4.000 millóns de euros. "Ao contrario", sentenciou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E volta coa mesma matraca... están tan convencidos de que son eles os que cortan o bacallau que nin siquera chama á sociedade civil a asinar unha petición ao Goberno ante os requerimentos de Bruselas...? É como se fosen eles (os políticos) os que van resolver o asunto da AP9... Se non fora por esta iniciativa aínda estaríamos pagando e calando coma fixemos toda a vida... Que pouca humildade teñen á hora de Sumar Forzas ! https://en-colectivo.com/firmas-fin...