Extinguido un incendio no parque do Xurés que queimou 0,4 hectáreas

Trátase do terceiro lume rexistrado en Calvos de Randín este mesmo mes, tras outros dous incendios que se deron a coñecer os días 7 e 22 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O parque natural do Xurés rexistrou un incendio forestal na tarde deste martes que foi extinguido tras afectar a 0,4 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

O lume afectou o municipio ourensán de Calvos de Randín, na propia parroquia de Randín, e orixinouse en dous focos sobre as 17,25 horas, quedando extinguido unha hora despois. As últimas estimacións apuntan a unha afectación de 0,04 hectáreas de monte raso do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Trátase do terceiro lume rexistrado no citado municipio este mesmo mes, tras outros dous incendios que se deron a coñecer os días 7 e 22 de outubro.

Incedio forestal no Parque Natural do Xurés
Incedio forestal no Parque Natural do Xurés | Fonte: BRIF Laza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta