Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 17:10
A conselleira de Política Social, Fabiola García, indicou que o Proxecto de Orzamentos para o ano 2022 inclúe un incremento do 16% dos fondos destinados á atención á dependencia, co que o investimento para o próximo ano alcanzará os 300 millóns de euros, segundo destacou. A conselleira achegou estes datos durante a reunión do pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia.
Fabiola García, que subliñou que "as persoas maiores teñen blindadas as prestacións destinadas ao seu coidado", sinalou que a reunión tivo un carácter "construtivo" e agradeceu ao Goberno central "os pasos cara a adiante no financiamento de atención á dependencia".
A pesar de todo, tamén indicou que segue "incumpríndose" o cofinanciamento da atención á dependencia. "O punto de partida é que a Xunta achegar preto do 75% dos fondos destinados a esta materia, mentres que o Executivo asume o 25%", explicou Política Social nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.