O TSXG anula o acordo da Xunta para modificar o parque eólico de Serra do Oribio

O alto triunal considera caducado o acordo, pois non se explotou nin estiveron instalados aeroxeradores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso interposto pola Asociación Sociocultural Oribio e acordou a anulación, por ser desconforme a dereito, do acordo aprobado polo Consello da Xunta o 27 de xuño de 2019 para a modificación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Oribio, situado na Zona Especial de Conservación (ZEC) Os Ancares-O Courel, en Lugo. A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG deixou sen efecto o contido dese acordo e impuxo á Administración as costas do xuízo ata un máximo de 1.500 euros.

O alto tribunal galego entende que o proxecto 2007-2009, autorizado pola resolución de 31 de maio de 2007, coa Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada o 12 de agosto de 2005, está caducado, pois non se explotou nin estiveron instalados aeroxeradores.

A resolución que o autorizaba indicaba que o promotor tería un prazo de 12 meses contados a partir da data de ocupación dos terreos para a posta en marcha da instalación, indican os xuíces, quen subliñan que non se pode "modificar o que non existe".

DECLARACIÓN "OBSOLETA"

A DIA de 2005, segundo o alto tribunal, resulta "obsoleta para amparar a avaliación ambiental do proxecto modificado de 2018, polos múltiples e variados cambios lexislativos e de catalogacións de especial protección do terreo, non podendo entenderse validada por unha prospección vía informes gubernativos".

Contra a resolución cabe presentar recurso.

Unha vaca na Serra do Oribio, a 1 de outubro de 2021, en Triacastela, Lugo, Galicia, (España). Foto de arquivo.. Carlos Castro - Europa Press
Unha vaca na Serra do Oribio, a 1 de outubro de 2021, en Triacastela, Lugo, Galicia, (España). Foto de arquivo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta