Baiuca chegará a España antes do domingo despois de estar atrapado en Sudán tras o golpe de estado

"Saíron de Sudán e aterrado no seguinte destino. Quedan dúas escalas e máis de 24 horas de voos ata chegar a España, pero xa están a esperar o seguinte voo", asegurou o representante do artista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O representante do grupo galego Baiuca, Alan Queipo, confirmou que a previsión é que a formación, atrapada en Sudán polo golpe de estado que tivo lugar esta semana no país, chegue a España antes deste domingo, tras abandonar xa Sudán.

"Saíron de Sudán e aterrado no seguinte destino. Quedan dúas escalas e máis de 24 horas de voos ata chegar a España, pero xa están a esperar o seguinte voo", asegurou Queipo.

Aínda que ao longo de toda esta semana houbo moita confusión respecto da situación na que se atopaba o país e sobre como e cando poderían abandonar o país Alejandro Guillán --Baiuca--, o percusionista Xosé Lois Romero, a cantante Andrea Montero, o cineasta e responsable da parte audiovisual do espectáculo Adrián Canoura e o técnico de son Alfonso García, finalmente o aeroporto da capital, Xartum, retomou a actividade, o que lles permitiu deixar Sudán.

Con todo, Queipo apuntou que prefiren non ofrecer máis datos "ata que cheguen a España, por seguridade e porque o obxectivo non é ir alimentando a noticia moito máis do importante, senón que cheguen a destino".

Aseguraron que, "por prudencia, seguridade e saúde mental", van controlar moito as cousas que comunican ata "ter seguridade absoluta das cousas".

Baiuca (Alejandro Guillán / Europa Press - Baiuca. / Europa Press
Baiuca (Alejandro Guillán / Europa Press - Baiuca. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta