Temas: RIBADEO PP

Daniel Vega, elixido presidente do PP de Ribadeo

Recibiu o 100% dos votos. Estará acompañado de Begoña Sanjurjo na secretaría xeral e por Montse Seijo na vicesecretaría de organización.

Por E.P. | Ribadeo | 30/10/2021 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O deputado autonómico Daniel Vega foi elixido presidente do PP de Ribadeo co 100% dos votos, segundo informou a formación. O popular asume así a dirección do partido a nivel local, na que estará acompañado de Begoña Sanjurjo na secretaría xeral e por Montse Seijo na vicesecretaría de organización.

Congreso do PP en Ribadeo
Congreso do PP en Ribadeo | Fonte: PP de Lugo.

No congreso participaron cargos do partido como o vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano; o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, e a presidenta popular da formación en Lugo, Elena Candia.

Visiblemente emocionado, Daniel Veiga agradeceu o apoio masivo da afiliación, á que espera compensar, dixo, "cun intenso traballo que se traduza nun bo resultado en 2023".

Pola súa banda, Candia felicitou ao dirixente local, á vez que puxo o foco na situación de Alcoa: "Temos que seguir loitando para que se siga producindo aluminio na Mariña, pero tamén temos o deber de dicir a verdade: hai uns meses, un partido que é o que sustenta o goberno deste concello, sacábase unha foto prometendo un acordo no que ía a solución de Alcoa, pero nin o acordo se cumpriu, nin se moveu nin un só dedo e continuamos cun prezo da enerxía inasumible", proclamou.

Temas: RIBADEO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta