Temas: TVE RTVE

RTVE pide perdón por "burlarse" do acento galego en 'MasterChef': "Foi desafortunado e inoportuno"

A directora de Orixinais, Ana María Bordas, recorda que "unha das responsabilidades de RTVE é defender e protexer o uso correcto das linguas do Estado".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 31/10/2021 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A directora de Orixinais de RTVE, Ana María Bordas, desculpouse polas "burlas" que realizaron os xuíces de 'MasterChef: Celebrity', Samantha Vallejo-Nájera, Jordi Cruz e Pepe Rodríguez, do idioma galego nunha das probas de exteriores do concurso culinario.

Masterchef na Coruña
Masterchef na Coruña | Fonte: RTVE.

"Creo que o uso da imitación do acento e da pronuncia do idioma galego foi desafortunada e inoportuna", expresou Bordas durante o programa deste domingo de 'RTVE: Responde', que respondeu así ás críticas recibidas por este feito.

Segundo asegurou, "unha das responsabilidades de RTVE é defender e protexer o uso correcto das linguas do Estado", polo que advirte de que desde a Corporación pública tómanse "moi en serio" esta responsabilidade. "Pido desculpas ás persoas que sentiron ofendidas", indicou Bordas, que reitera que desde RTVE lamentan a comisión de erros.

En calquera caso, deixou claro que o ambiente no que se produciron as imitacións era "distendido" e "en ningún momento pretendían ferir os sentimentos galegos ou burlarse da súa lingua".

Tal e como engadiu, 'MasterChef' pretende "entreter transmitindo valores positivos", evitando ao máximo que non haxa "polémicas". "Se 'MasterChef' se desprazou a Galicia era para pór en valor a beleza desta comunidade, a súa gastronomía, a bondade das súas xentes e non para resultar aspectos negativos ou burlarse de ninguén", defende.

Temas: TVE RTVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Inditex e Abanca a financiar o discurso casposo, antigalego e madrileñista: Viva el Jel de la Toja! Viva Sanjenjo! Viva Ejpaña! (Qué parvos! Qué servos!).

1 Gamela

Falacias e mentiras non sei, pero sí sabemos todos que existe un apelido que explica moitas cousas pero que ninguén quere poñer enriba da mesa (O sistema do 3% de Pujol durante 30 anos!) Así calquera constrúe un "imperio económico" transferindo cartos públicos a empresas dos amigos que cotizan! Nada distinto ao que estamos vivindo en Galicia dende Fraga a Feijoo! Pero tampouco é distinto ao que sofrimos en Vigo con AbelCaballero dende hai 12 anos! En todas partes cocen fabas... pero a diferencia fundamental está en que "os cataláns do senny" NON PENSAN PAGAR AS FACTURAS! (senón que llo digan á Fiscalía que vai pisando ovos e aínda ninguén foi quen de pillar os cartos da familia Pujol) Chercher l´argent !!!