A RAE acepta que se use Orense, La Coruña ou Sangenjo

ProLingua pídelle á RAG, Secretaría Xeral de Política Lingüística e aos partidos que pidan a esta institución que modifique a normativa onde acepta o carácter bilingüe dos topónimos galegos cando se usan en castelán.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2014 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A asociación de defensa da lingua Prolingua vén de remitirlle unha carta á Real Academia Galega, á Secretaría Xeral de Política Lingüística e aos partidos políticos (con ou sen representación no Parlamento) para que se dirixan á Real Academia Española e lle pidan que reconsidere os seus ditames sobre a toponimia galega. 

Un dos informativos da TVE no que se pode ver 'Ría de Arosa'
Un dos informativos da TVE no que se pode ver 'Ría de Arosa'

Denuncian que tanto o Diccionario panhispánico de dudas, como a última edición da Ortografía de la lengua española (2010) indican que se pode usar formas como Sangenjo ou Orense, incumprindo así a legalidade. "Sería bo un acordo no que voguen na dirección dos tempos e que respecten e fagan respectar a legalidade, porque non son formas lexítimas", apunta esta entidade. 

Esta é a súa carta:

Nin Sangenjo nin Orense son formas lexítimas

En libros escolares en castelán que se estudan en Galicia e en España, por desgraza, é habitual vermos topónimos galegos coa forma castelanizada, como ocorre con La Coruña para indicar a cidade onde naceu a escritora Emilia Pardo Bazán. Nas últimas semanas, en telexornais e noutros programas das TV estatais, cando se informaba dos efectos dos fortes temporais no litoral e no interior de Galicia, víanse nas pantallas ou escoitábanse topónimos castelanizados como La Coruña, La Guardia, El Cebrero, Orense, Ginzo de Limia ou Arosa (para se referir á ría), no canto das formas correctas e lexítimas A Coruña, A Guarda, O Cebreiro, Ourense, Xinzo de Limia e Arousa, feito que ProLingua recentemente denunciou nun comunicado.

É posible que os que redactan eses libros de texto en castelán ou as noticias dos informativos en que se usa toponimia castelanizada, ignoren cales son as formas galegas oficiais hoxe; pero tamén pode ser que actúen así por seguir as recomendacións e ditames da RAE (Real Academia Española), en moitas ocasións enfrontados coa legalidade vixente.

No Diccionario panhispánico de dudas (a 1ª edición impresa é de outubro de 2005), tal como pode lerse no sitio web, La Coruña é nome tradicional en lingua castelá da provincia e da cidade de Galicia cuxo nome en galego é A Coruña, mentres que Orense é nome tradicional castelán da provincia e da cidade galega que en galego se denomina Ourense; e a seguir, a RAE ditamina que, agás en textos oficiais, “donde es preceptivo usar el topónimo gallego como único nombre oficial aprobado por las Cortes españolas, en textos escritos en castellano debe emplearse el topónimo castellano”, co que se establece un estraño e paralegal dobre uso de formas cando o Parlamento de Galicia oficializou para esas provincias e cidades unha única forma, a galega, e o mesma faría anos despois o Congreso dos Deputados, como a propia RAE recoñece nese dicionario de dúbidas.

Na última edición da Ortografía de la lengua española (2010), da RAE e da Asociación de Academias de la Lengua Española, na páx. 642 , ao referirse á toponimia das zonas españolas denominadas bilingües que contan con dúas formas, unha adaptada ou traducida á lingua castelá e outra propia da lingua autonómica cooficial, considérase que o natural é que os falantes escollan unha ou outra en función da lingua coa que elaboran o discurso; e xa que logo, “los hispanohablantes pueden emplear, siempre que exista, la forma española de estos nombres geográficos, y transferir aquellos topónimos que posean una expresión única, catalana, gallega o vasca”, que se exemplifica con Pasó la mayor parte del verano en Sangenjo, pero tuvo tiempo para visitar Bilbao y llegar hasta Gerona; Su familia vive en Sant Feliu de Guíxols. Idéntica recomendación, e con redacción semellante, pode verse na páx. 220 do recente El buen uso del español (2013), tamén da autoría da RAE e da Asociación de Academias de la Lengua Española, e cos mesmos exemplos de Sangenjo, Bilbao e Gerona. Como neste caso non se alude ás transferencias toponímicas das outras linguas españolas non aparece o topónimo catalán Sant Feliu de Guíxols, que así aparece citado –sen adaptar nin traducir-, na obra anterior.

No tratamento dos exónimos, a RAE considera que se a forma “tradicional” española correspondente a un topónimo estranxeiro non se usa ou pasou a considerarse politicamente inadecuada, esta situación forza a que se reemprace coa forma local do topónimo, proceso que a propia Academia considera irreversible cando esta última se asenta como preferida, como ocorre con Bremen (antes Brema) e Ankara (antes Angora) (páx. 646 da Ortografía), e o mesmo pasa co desusado Mastrique para o que se prefire a forma transferida Maastricht (páx. 645). A RAE recoñece que nos medios de comunicación se están a espallar exónimos que difiren dos tradicionais en castelán (Mumbai por Bombay ou Beijing por Pekín), pero considera que soamente se debe adoptar a nova forma cando sexa un verdadeiro cambio de nome, “fruto de una decisión política de carácter oficial”, como San Petersburgo por Leningrado ou Sri Lanka por Ceilán.

Consonte este tratamento que se lles dá aos exónimos cunha forma tradicional “politicamente inadecuada” e tendo en conta que houbo “decisión política” para cambiar oficialmente tantos nomes de lugares galegos que foran castelanizados ou deturpados, pedímoslle á Real Academia Española que revise os seus ditames e recomendacións sobre a toponimia galega (e tamén a catalá e a vasca), porque tanto se unha persoa elabora o discurso en castelán como se o fai en francés, en alemán ou en galego deberá dicir que o río Miño pasa por Ourense, que Emilia Pardo Bazan naceu en A Coruña e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Rianxo, que a ría da Arousa é o maior banco de marisco da península ibérica e que o actual presidente do goberno español pasa os veráns en Sanxenxo.

Pedímoslle á RAE que recomende transferir á lingua castelá topónimos galegos coma os acabados de citar, e tantos outros hoxe oficialmente recuperados, e que se consideren desusadas, anticuadas e politicamente inadecuadas castelanizacións, semicastelanizacións e deformacións como Orense, La Coruña, Rianjo, Arosa, Sangenjo, El Cebrero, Ginzo de Limia e outras moitas formas, e que estas recomendacións llelas faga chegar aos medios de comunicación, universidades, organismos administrativos centrais e autonómicos etc.

Por outra parte, en moitos mapas e atlas virtuais e impresos editados para todo o mundo no último decenio (Guía Michelín, Google Maps etc.) as únicas formas que aparecen son as autóctonas e legais galegas: Ourense, A Coruña, Rianxo, Sanxenxo, O Cebreiro, Arousa, Xinzo de Limia etc., polo que non damos comprendido esa teima a contracorrente e paralegal da RAE se non é por motivos estritamente ideolóxicos e extralingüísticos.

Xa que logo, Prolingua, plataforma apartidaria a prol da lingua galega, pídelle á RAE que non cíe, que non vogue cara a atrás, e que respecte a toponimia autóctona da lingua galega (non tan diferente como para provocar descoñecemento nun hispano falante) e que recomende o seu respecto nos manuais de estilo dos medios de comunicación e das editoriais e aos responsables de universidades, corpos e forzas de seguridade do estado, administracións públicas etc.

Asemade, ProLingua, faille un chamamento á Real Academia Galega e así mesmo ás institucións e colectivos de defensa da lingua, á Secretaría Xeral de Política Lingüística, á Xunta de Galicia, aos partidos políticos (con ou sen representación no Parlamento) e ás persoas que traballan pola dignificación de Galicia e pola recuperación dos seus sinais identitarios (e a toponimia é un deles) para que se dirixan á Real Academia Española e lle pidan que reconsidere os seus ditames sobre a toponimia galega, que vogue na dirección dos tempos e que respecte e faga respectar a legalidade, porque nin Sangenjo nin Orense son formas lexítimas.

ProLingua, 3 de marzo do 2014

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

19 XURXO TABOADA

Entón tamen haberá que decir "El Roblecito" para referirse a O Carballiño, "Encima del Avia" para Ribadavia, "Puente del Eume" para Pontedeume..... ou "Clavada" para Chantada.....

1 O Príncipe dos Mouros

E como traduces Dublín en gaélico? Sabes o que significa? Por que lle chamas Dublín, entón? Algún día vos entrará na cacholiña que a toponimia adaptada nada ten que ver con traducir? Por que aqueles de vós que nunca falades en castelán vos preocupades tanto polo estándar dunha lingua que non empregades? A vos que vos importa? Podes responderme todas estas preguntas?

18 GZemP

Claro o problema baixo o meu ponto de vista é valorizar o galego como sendo uma língua espanhola donde a RAE tem algo a dizer sobre ele. Que façam o que queiram por enquanto nós é as instituições galegas que dizem defender a nossa língua a respeitem, o mau é que a RAGa e demais satélites do espanholismo na Galiza são os primeiros em deturpar a nossa língua com Ñ varias.

1 eu mesmo

O "ñ" está en moitísimos textos medievais galego-portugueses. Que vos guste máis o "nh" é outra cousa, pero o "ñ" non nolo trouxeron os casteláns, máis ben nolo copiaron eles a nós (aínda que non o queiran admitir).

2 GZemP

Isto da tua própria academia galeÑola: http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%91

3 eu mesmo

Non sei a que diaños te refires. En calquera caso, toma ti isto da túa propia academia portunhola: http://www.agal-gz.org/pdf/foro_bur...

4 GZemP

O senhor justifica o Ñ como uma letra propriamente galega porque topou um texto onde aparece, boa, então porque não justificar também o Y, não gostam desta letra na RAG/espaÑola? ou porque renegar do J, o que tem em contra dela na RAG/espaÑola?.Os primeiros em deturpar a língua galega são os que defendem que o galego é uma língua espaÑola, a partir daí, que caralho vão reclamar, uma instituição espaÑola decide sobre o seu o idioma o que lhe peta, deixem de choramingar e façam algo com sentido pelo galego que boa falta lhe faz.

5 muro

Pouco provável a origem galega do ñ, quando a maioria das palavras que em latim eram com "nn" derom som /n/ em galego e nom /ɲ/ (annus>ano). Em castelhano o "nn" sim que resultou /ɲ/ (annus>año). Mas tudo isto nom interessa, a verdadeira razom para escrevermos com ñ é porque o castelhano também a utiliza.

6 a verdade

A ver se saídes do Matrix onde vos teñen metidos: http://www.minhor.org/filoloxia-e-l... Defender o "nh" por criterios de utilidade, estética ou o que for, vale (no fondo é o mesmo que fan os isolacionistas para defender o "x"), pero inventar ou negar a historia... Non grazas. Por certo, que españoleiro era Don Dinis de Portugal na idade media empregando o "nh" para o n velar, igual ca RAG ("hunha"=Ũa): http://cantigas.fcsh.unl.pt/8789894... http://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga... E Lorenço tamén era un españoleiro da RAG: http://cantigas.fcsh.unl.pt/8789894... http://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga...

7 muro

Na Idade Média as soluções eram infinitas, e muitas delas podiam ter vindo do lógico contato com as outras linguas peninsulares, nem tudo tem que ser imposiçom. Para muitos parece que antes da chegada dos Reis Católicos o galego era puríssimo, totalmente isolado, quando sabemos que o castelhano se começou a impor antes. Continuo a dizer que ñ e sobretudo ll som soluções pouco lógicas e que me surpreende o esforço que fazem muitos por justificar o que tem uma explicaçom muito simples: hoje escrevemos ñ e ll porque em castelhano também.

8 GZemP

Algumas cousas sobre o Matrix, onde estades metidos: http://despertadoteusono.blogspot.c...

10 invençOM

O castelán non se impuxo en Galiza até o século XV, pero como sempre, tedes que manipular e inventar a historia. Dá igual que haxa multitude de probas reais nos textos medievais, seguides coa trapallada. O "nh" do n velar de que lingua peninsular vén? Hahahahahaha. O do "ñ" só o criticades por política, pero as probas tamén están aí (curiosamente, a posible orixe galega do "ñ" é algo que molesta os portugalegos lusistas e os españolistas, por algo será). O do "ll" é aínda máis vergoñento, porque é a forma máis común durante toda a idade media, velaí están os textos para corroboralo. Pero ben, para vós os cataláns tamén escreben o "ll" por imposizón do español... Canta trapallada soltades, meus.

11 invençOM

É igual ca dicir que a "grafía léxitima" do galego é a portuguesa. Alén de ser unha mentira (o galego xa se escrebía antes de que o rei de Portugal estabelecese a súa grafía propia ó sur do Miño), cal delas é a "lexítima"? A da Idade Media? A do Antigo Réxime? A do acordo de 1911? A do acordo de 1945? A do acordo de 1990? http://tardeemashoras.blogspot.com.... "Também terá sido difícil à maioria das pessoas em 1911 habituar-se a não escrever 'pharmácia', 'commércio', 'caravella', 'prompto', 'diccionário', 'lyrio', 'telephone', 'cryptographico', 'physica' ou 'apparelho', mas hoje parece-nos ridícula a sua utilização." Manda carallo, así que o portugués pode mudar lexitimamente as grafías etimolóxicas por outras fonolóxicas pero o galego non. O peixe morre pola boca.

12 GZemP

Sim o português pode mudar é muda mas a diferença do que facedes vos com o galeÑol, que aguardais pelas ordens do castelhano,o português é uma língua soberana que não depende doutros para as suas mudanças. Agora isso sim falando de invenções, explica-nos OSIXENO como o comemos, ou a ICONA a EMOTICONA etc. etc.

13 a por mais uMHa invençOM

"Osíxeno" existe en galego desde sempre, non o "inventou" ningún filólogo, outra cousa é que ti e mailos teus amigos faledes español/portunhol/barallete na facultade e daquela non o saibades. O de "icona" si que me parece unha trapallada (sendo unha palabra completamente allea ó galego, rendía máis adaptar o portugués "ícone") , pero así e todo iso non é nada comparado co portunhol que falades na AGAL. Queredes impor unha pseudolingua portunholera (nen é galego, nen é portugués, nen galaico-portugués), unha sorte de castrapo "internacional" que nen tan sequera vós mesmos dades falado e escrito ben, tócate o carallo. Hai tempo lin unha entrevista na que un membro da AGAL dicía que comezara a falar galego con 20 anos, cando chegou á faculdade de filoloxía galego-portuguesa. Desde aquela encaixaron tódalas pezas e xa non me sorprenden as vosas porradas, son previsíbeles.

14 muro

"tócate o carallo", grandes lições de castrapo, mestre...

15 GZemP

hahaha o inverçntor tem muita moral, Osíxeno existe desde sempre, mas a partir de quando é sempre? pelo que vejo o senhor não gosta de ler; a pergunta era que me explicasse a etimologia da palavra para rebater o artigo que eu colei onde se demonstra a ciência que aplicam nas instituições que dizem defender a nossa língua e que o senhor tanto defende, mas não isso não lhe interessa porque fica a descoberta a sua falta de rigor cientifico(nesta e em centos mais de palavras) já que se trata apenas de apartar o galego da sua raiz para assim viver do conto da subvenção uma mão de aproveitados os que lhes importa um caralho o que lhe passe a língua. Mas foda-se cada dia enganam a menos gente.

17 ixtlan

Se non fora polo dano que lle fan ó galego, sería para esmendrellarse de risa. O reintegracionismo e o españolismo de sempre "xuntos, máis forte" que diría Juan Pardo. Os intentos de desmontar e descalifica-lo galeguismo, en todo caso, non irán adiante. Non pasarán! En galego somos máis fortes.

16 Niñodelavia

Si o peor non é que os castelan-falantes poñan os topónimos como lles pete, o peor ven sendo que logo queran que nos mapas, cartéis, sinalización etc., apareza a súa denominación tamén...porque se non está en "castelán" non o entenden. Como ademáis a súa "adaptación" é nefasta, dentro duns anos a súa arrogancia e soberbia dirá que o xeito apropiado de nomear os sitios é o seu, e a súa ignorancia volverá a traer "Niño de la guía" e "La Grela" como topónimos. Só lembrar a algúns que hai quen a día de hoxe defende "La Grela" (debe ser que pensa que e a muller do grelo).

1 O Príncipe dos Mouros

Iso xa é outro conto. Oiii... Gústavos a polémica...

2 XURXO TABOADA

se me permitides a correccion (sin animo de ofender a ninguén, por suposto) NIÑODAGUIA non se refire a "Niño de la guía" senon a "Nido del Aguila", doutro xeito o toponimo seria Nenodaguia

15 O Príncipe dos Mouros

Unha cousiña máis: Este lobby que se fai chamar "en defensa da lingua galega" (e non castelá), que competencias e autoridade ten sobre o castelán ou sobre os castelanfalantes para lles dicir como teñen que falar?