Feijóo chama ao traballo conxunto de administracións e entidades a favor da inclusión de persoas con discapacidade

Analiza con Cogami os proxectos impulsados pola entidade para optar aos fondos Next Generation e que suporían 17 millóns de investimento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou este martes ao traballo conxunto entre administracións e entidades sociais para "seguir avanzando cara á plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos".

Durante unha reunión co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga, Feijóo destacou o compromiso de Cogami para conseguir esta meta, reflectido nos máis de trinta anos "dedicados a facilitar a vida e mellorar o benestar das persoas que máis o necesitan, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, de potenciar o asociacionismo e da prestación de servizos".

Formada por case 50 asociacións do ámbito da discapacidade e con 11 iniciativas empresariais de economía social que dan emprego a máis de 700 persoas con discapacidade, o titular da Xunta destacou que, desde o seu nacemento, Cogami converteuse "nunha das forzas sociais máis potentes de Galicia".

DOUS PROXECTOS

Nese camiño, lembrou que o Goberno galego estivo sempre xunto a esta entidade e seguirao facendo, situando a atención ás persoas con discapacidade como "eixo prioritario na axenda da Administración autonómica".

Ao longo da reunión, avaliáronse tamén os dous proxectos que a entidade presentou para optar aos fondos europeos Next Generation e que suporían un investimento total de máis de 17 millóns de euros.

No encontro participou tamén a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Feijóo reúnese con representantes de Cogami.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo reúnese con representantes de Cogami.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta