Lidia Senra, probábel candidata de ANOVA ás europeas

Xosé Manuel Beiras confirmou que a ex-líder do Sindicato Labrego Galego é a proposta da Coordinadora do partido para os comicios desta primavera.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2014 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A galega Lidia Senra é a proposta da Coordinadora de ANOVA para ser cabeza de cartel nas eleccións europeas, segundo confirmou hoxe o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, tras as noticias aparecidas en varios medios. Agora, será a militancia quen votará a aceptación ou o rexeitamento desta candidatura mediante un método que aínda está por determinar. O voceiro nacional destacou que Senra non é parte da dirección de ANOVA e "representa a loita obreira".

Lidia Senra nunha imaxe do SLG
Lidia Senra nunha imaxe do SLG

Senrá ocupará con toda probabilidade o posto número cinco da candidatura que ANOVA compartirá canda Izquierda Unida e outras forzas como ICV ou a Chunta . Izquierda Unida escolleu a Willy Meyer para encabezar esta lista.

A activista é escollida por ANOVA, pero a súa selección obtivo luz verde tanto de IU como de Ecosocialistas, segundo informa El Correo. Nacida en Pobra do Brollón (Lugo) en 1958, Senra foi a cabeza visíbel do Sindicato Labrego Galego (SLG) durante case 20 anos, a central agraria máis importante no nacionalismo.

Con todo, a falta de entendemento do grupo liderado por Senra e a UPG dentro do SLG desenvocou na división da central e no nacemento da Federación Rural Galega (FRUGA).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 90 comentarios

33 haiqueserclaros

O malo é que non votas por Lidia senón por este, que é o cabeza de cartel. El Ministerio de Defensa concedió a Willy Meyer la Gran Cruz del Mérito Aeronáutico con... insurgente.org La Gran Cruz del Mérito Aeronáutico con distintivo blanco, que es la concedida a.

1 Hastiado_de_tanto_salvapatrias

Buscalle tres pes ao gato, simpático/a

2 Hastiado_de_tanto_salvapatrias

E de paso rastrea a ver si ten por aí algunha multa...non vaia a ser que nolo perdamos xa que é moi interesante o marujeo no que estades instalados/as trolls pagados/as, trolls sen pagar, sectarios/as e tamén dogmáticos/as varios/as.

3 anonimo

Patria solo hai una, la española! E si hai que salvala.

32 Nacionalista por Galiza

Incrible o xeito de pensar dos da seita UPG. Agora defenden a Monsanto e ás multinacionais da industria farmacéutica. Todo por atacar ao Sindicato Labrego Galego. Non sei como puiden ter votado ao BNGUPG.

31 AgenciadeColocasao

Se o tóxico Toñi Beyras, señor da Reboirana e vasalo do insaciable Reneses, mais lady despedimentos, tipiña contraria ás vacinas, sonvos nacionalistas, Fraga e Filgueira Valverde eran xaquelogo, independentistas.

1 Voces Ceibes

Hai que estar metido nunha seita para dicir (e crer) que Lidia Senra non é nacionalista.

30 zasnascachas

Que e iso do SLG non me soa de nada pregunteillo o meu avó e dixo foi un Sindicato Galego que o parecer unha tal Lidia fundiu pois que inculto son que nin me soa de nada

29 Pobriña

Vai ser interesante ouvila falar no Parlamento Europeu sobre o malas que son as vacinas nos nenos, escuro invento dunha conspiración mundial para algunha misteriosa e opaca finalidade. Miña nai querida, que peniña. http://lacienciaysusdemonios.com/20...